domingo, janeiro 21, 2007

57 cabodano de George Orwell



Eric Blair, máis coñecido polo seu pseudónimo literario de George Orwell, finou o 22 de xaneiro de 1950, aos 46 anos de idade, víctima dunha tuberculoses crónica. É coñecido como o autor de tres obras de enorme impacto e moi controvertidas no seu momento. En 1937 escribira Homenaxe a Cataluña, un elocuente testemuño sobre a revolución hespañola e un manifesto en defensa do POUM sometido á represión republicana e ás calumnias e crimes stalinistas. A súa obra máis famosa, publicada en 1946 foi Animal Farm (en Galiza, A rebelión dos animais), unha brillante e sutil fábula sobre a dexeneración e o destino da revolución rusa. A última obra que escribiu Orwell, cando estaba xa moi doente, 1984, supuxo un virulento manifesto contra o totalitarismo e unha obra fundamental da literatura de utopía negativa.


Hoxe, dende GALIZA SOSEGO queremos renderlle este pequeno homenaxe con motivo do seu cabodano.

Sem comentários: