quinta-feira, janeiro 18, 2007

Foro Social Mundial 2007 e os dereitos LGTB

Este 2007 realízase un Foro Social Mundial en Nairobi, cun programa cheo de consideracións aos dereitos LGTB. (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais).

Rico Programa LGBT no Foro Social Mundial en Nairobi, un fito para o movemento LGBT keniata.

O Foro Social Mundial (WSF, nas súas siglas en inglés) é unha reunión anual que se celebra por membros do movemento antiglobalización para coordinar campañas mundiais, compartir e definir estratexias organizativas, e informarse mutuamente sobre os movementos que se producen en todo o mundo e os seus asuntos. É un espazo de reunión aberto onde grupos da sociedade civil e movementos sociais implicados en construír unha sociedade centrada na xente pode sentarse para compartir experiencias, debater ideas, construír redes de traballo e xerar posibilidades. Adoita celebrarse en xaneiro cando o seu “gran rival capitalista”, o Foro Económico Mundial reúnese en David, Suiza.

Espéranse preto de 150.000 delegados a esta 7ª edición do Foro Social Mundial que terá lugar en Nairobi, Kenia, entre o 20 e o 25 de xaneiro.

Un Foro Feminista terá lugar xusto antes do Foro Social Mundial e, como en edicións anteriores, os temas LGBT tamén estarán presentes malia que en Kenia castíganse as relacións entre persoas do mesmo sexo con penas de ata 14 anos de prisión. Esta edición do Foro Social Mundial vaise a recordar probablemente como o punto culminante dun ano memorable para o movemento LGBT de Kenia. Activistas do movemento LGBTI keniata prepararon un variado programa de iniciativas LGBT en cooperación cos seus aliados africanos e de fóra do continente.
ILGA (Asociación Internacional de lesbianas, gais, bisexuais e persoas Trans), IGLHRC (Comisión Internacional para os dereitos humanos de lesbianas e gais), Diálogo Sur-Sur e a Axencia de Desenvolvemento holandesa HIVOS organizarán Mesas Redondas.

Máis información:

http://www.ilga.org/news_results.asp?LanguageID=1&FileID=1007&FileCategory=5


Tamén podes atopar unha recompilación de artigos con motivo do Foro Social Mundial (todos eles en inglés).

1. Falar do pracer sexual, Como a linguaxe marca a diferenza, por Neha Patel:

http://www.isiswomen.org/index.php?option=com_content&task=view&id=267&Itemid=135

2. Heteronormatividade no Movemento de Mulleres Africanas, por Bernedette Muthien:


Estes dous artigos formarán parte da Mesa Redonda do Foro Social Mundial sobre “Reclamando Sexualidades Indíxenas”

A Homosexualidade a debate en toda África

Número 6 de Feminist Africa: 2006 Sexualidades Subalternas, por Elaine Salo e Pumla Dineo Gqola

http://www.feministafrica.org/

A Lei Sudafricana sobre sexo entre persoas do mesmo sexo, perfectamente correcta, por J. M. KARIUKI

Somos feministas e estamos orgullosas diso

Aínda un longo e duro camiño para os dereitos gais en África


Máis noticias na páxina web de Behind the Mask, unha organización de noticias sen ánimo de lucro que publica noticias sobre temas gais e lésbicos en África desde o 8 de maio do 2000.
-
Podes atopar os seguintes artigos:

Os gais loitan contra a homofobia nas escolas

Sudáfrica Os gais atados á loita contra a SIDA?
Malawi Uganda dividida ante a regulación sobre o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

A nova lei e os vellos prexuízos ameazan á comunidade gai nixeriana. Stephen Barris e Patricia Curzi


ILGA

Sem comentários: