sexta-feira, janeiro 19, 2007

Mel Gibson


GALIZA SOSEGO

O actor e director de cine de orixe australiana Mel Gibson acaba de estrear a súa ultima película, “Apocalypto”. Nesta película, Gibson narra a épica loita pola supervivencia dunha pequena tribo maia ameazada polos guerreiros dunha gran cidade, en vésperas da chegada dos hespañois.

Na súa anterior e polémica película “The Passion of the Christ”, o ultraconservador católico e preconciliar Mel Gibson, fixo aprender a expresase en arameo a tódolos actores para poder rodar a película nesa lingua. Coa argumentación de que Xesús de Nazaret, falaba esa lingua, e que tratase dunha lingua milenaria, a película puido ser sufrida ou gozada (depende) por milleiros de espectadores en arameo con subtítulos na lingua do pais de emisión.

Nesta nova película, Gibson, obriga a tódolos actores a expresarse en yucatec, un dialecto do idioma maia co que se entendía esta tribo da civilización milenaria.

Os actores procede de lugares moi diversos nos que se falan distintas linguas. Gibson unificounos a todos ensinándolles o yucatec maia, un dialecto que hoxe case que unicamente se fala en pequenos pobos da península do Yucatán. Nativos coñecedores da lingua, instruíron ao reparto de actores durante cinco semanas facendo fincapé na pronunciación e na inflexión da voz nos diálogos. Para axudarlles no aprendizaxe da lingua, Gibson repartiu reproductores de MP3 coa gravación das intervencións de cada personaxe para conseguir que a lingua fixéseselles familiar.

Na Galiza, deberiamos preparar un bo guión, eu que sei... do “Prestige”, por exemplo e mandarllo a Gibson, deste xeito traería medio Holiwood a nosa terra a aprenderlles galego. A película seria de obrigado cumprimento a súa emisión en versión orixinal, e opcional os subtítulos.

Gibson, defensor de linguas, espalla o galego por Holiwood!!.

Galiza Sosego

Sem comentários: