sábado, janeiro 27, 2007

O concello de Ciempozuelos quita o día do Holocausto e o embaixador israelí denuncia os feitos

(ReporteroDigital/Axencias).-O embaixador israelí en Hespaña, Victor Harel, denunciou que o Concello da localidade madrileña de Ciempozuelos decida "cambiar" o Día de Memoria do Holocausto, por algo "inaudito" chamado "conmemoración do xenocidio palestino", segundo manifestou nunha carta remitida á súa alcaldesa, Susana León.

Harel cualificou esta iniciativa de "insensata e vil idea", cometida "posiblemente por ignorancia ou indiferenza do acaecido ao pobo xudeu".

"Non só ofenden a seis millóns de vítimas, (...) a miles de sobreviventes do inferno nazi, (...) por centos de “xustos” que arriscaron as súas vidas salvando xudeus", sinalou o embaixador, senón que "ofenden a unha inmensa maioría de hespañois, que en moitas partes de Hespaña uníronse" en memoria das vítimas do Holocausto.


FALTA DE COÑECEMENTO SOBRE O CONFLITO

No respectivo ao "xenocidio palestino", que Harel asegura é "inexistente", a carta expresa o máis "enérxico repudio por esa irresponsabilidade que demostra falta de coñecemento sobre o conflito" na rexión de Oriente Próximo. "Ao inventar o xenocidio palestino están basicamente ignorando -- e talvez ata premiando-- a organizacións terroristas palestinas cono Hamás", denunciou, recordando que son consideradas como tal ata "polo seu propio Goberno".

Sem comentários: