terça-feira, janeiro 30, 2007

O ESTADO DE ISRAEL TERÁ UN PRESIDENTE ÁRABE

A nova Presidenta en exercicio de Israel, trala inhabilitación do seu predecesor por acusacións de violación é Dalia Itzik. Cando esta teña que saír ao estranxeiro, o Presidente en funcións do estado xudeu será o membro da Knesset e Voceiro adxunto, o árabe-druso Majallie Whbee do partido Kadima. Itzik ten previsto unha saída ao exterior o próximo mes de febreiro. Whbee dixo que agardaba presidir ao país, aínda que sexa de xeito temporal. “Prefería que aconteza noutras circunstancias, pero [eu converterme en Presidente] proba de que nós os drusos somos compañeiros leais na construción deste país”, dixo. “Servín como oficial do exercito por anos e comandei a moitos xudeus. A responsabilidade estará en min de dirixir ben a este país”. Whbee converterase no primeiro líder non-xudeu dun estado ou monarquía xudía a partir da morte no ano 4 A.E.C. do Rei Herodes, o seu pai convertérase ao xudaísmo, pero a súa nai era nabatea.

Sem comentários: