segunda-feira, janeiro 22, 2007

O Fracaso do Estatuto de Nación para Galiza

O novo estatuto de nación para Galiza, fracasou. A correlación de forzas existente hoxe en día no Parlamento de Galiza impedían calquera outro resultado para Galiza.

O único partido da oposición, o PP, dependía totalmente das directrices que dende Madrid mandaban. Os ultraneocon herdeiros do fascismo mais rancio que sangrou o estado hespañol durante corenta anos logo dunha brutal guerra contra as liberdades, democracia e orde legalmente establecida, non poderían nunca consentir sequera que na Galiza tiveramos un estatuto devalado ao estilo do de Catalunya.

O PSOE, deixouse levar, non tiña moitas gañas, mais se un estatuto novo tiña que facerse, pois se intentaría, total o PP non o ía permitir. Pouco tiñan que perder. Tampouco tiñan vontade dun estatuto ambicioso. Si polo PSOE fora, de Galiza nunca sairía un estatuto ambicioso para por lóxica ser mutilado nas Cortes Xerais do Estado.

O BNG colocou toda a carne no asador, era o que lle correspondia, a fin de contas e a única forza no parlamento que non depende de decisións de fora de Galiza e unicamente pensa en Galiza. Mais o ser a forza minoritaria dentro do Parlamento Galego impedíalle levar a bo fin calquera proxecto realmente acorde coas necesidades socias, económicas e culturais do noso pais. Con todo, e porque non quedaba outra, rebaixou as súas pretensión ao máximo imaxinable. Pero aínda que o rebaixara a un nivel mais baixo que o actual e en vigor estatuto, non habería acordo. O PP non quere ningún acordo a nivel estatutario nas chamadas comunidades históricas.

O PP estaría a favor dun cambio na constitución hespañola, se esta recortase claramente o estado das autonomías, especialmente nas históricas. O PP, tirado ao monte, non quere mais que un involucionismo puro e duro. O herdeiros daqueles que por medio da violencia derrocaron o goberno lexitímante establecido durante a Segunda República queren volver a restrinxir as liberdades e a democracia.

Teremos que esperar outro momento histórico para poder conseguir sacar a nosa Galiza do foso onde os fascistas e os seus herdeiros tivéronos sumidos durante tantos anos. Con todo, nós sempre teremos o consolo, de que a próxima vez igual non queremos modificar o estatuto, igual daquela é mellor elixir unha asemblea constituinte.

Traballemos para iso, que a sociedade galega vexa, e comprenda, que o único xeito de avanzar, social, económica, e culturalmente para poñernos por riba da media da UE e partido dunha Asemblea Constituinte onde os galegos podamos decidir nós mesmos e so nós o que realmente queremos ser.

GALIZA SOSEGO

1 comentário:

hautista albaress disse...

Jalissia e uña naçom, uñas vesses si e outras non.

Arde Jalissia con lume forestal