quinta-feira, janeiro 25, 2007

Oración por Maliryn Monroe

GALIZA SOSEGO quere render unha homenaxe a Ernesto Cardenal co o poema que ven a continuación no cal mostrase claramente a sutileza e profundidade do pensamento do autor. O orixinal esta escrito en castelán, a traducción é de GALIZA SOSEGO.


Oración por Marilyn Monroe

Señor:
recibe a esta rapariga coñecida en toda a terra co nome de Marilyn Monroe
aínda que ese non era o seu verdadeiro nome
(pero Ti coñeces o seu verdadeiro nome, o da orfa violada aos 9 anos
e a empregada de tenda que aos 16 quíxose matar)
e que agora se presenta diante túa sen ningún maquillaxe
sen o seu Axente de Prensa
sen fotógrafos e sen asinar autógrafos
soa como un astronauta fronte á noite espacial.

Ela soñou cando nena que estaba espida nunha Igrexa (segundo conta The Time)
ante unha multitude prostrada, coas cabezas no chan
e tiña que camiñar en puntillas para non pisar as cabezas.
Ti coñeces os nosos soños mellor que os psiquiatras.
Igrexa, casa, cova, son a seguridade do seo materno
pero tamén algo máis que iso...
As cabezas son os admiradores, é claro
(a masa de cabezas na escuridade baixo o chorro de luz).
Pero o templo non son os estudios da 20th Century Fox.
O templo -de mármore e ouro- é o templo do seu corpo en o que está o Fillo do Home cun látego na man
expulsando aos mercadores da 20th Century Fox
que fixeron da túa casa de oración unha cova de ladróns.

Señor
neste mundo contaminado de pecados e radioactividade
Ti non culparás tan só a unha empregada de tenda.
que como toda empregada soñou ser estrela de cine.
E o seu soño foi realidade (pero como a realidade do technicolor).
Ela non fixo senón actuar segundo o script que lle demos
-O das nosas propias vidas- E era un script absurdo. Perdóaa Señor e perdóanos a nós
pola nosa 20th Century
por esta Colosal Superproducción na que todos traballamos.

Ela tiña fame de amor e ofrecémoslle tranquilizantes.
Para a tristeza de non ser santos recomendóuselle o Psicanálise.
Recorda Señor o seu crecente pavor á cámara
e o odio ao maquillaxe -insistindo en maquillarse en cada escena- e como se foi facendo maior o horror e maior a impuntualidade aos estudios.

Como toda empregada de tenda
soñou ser estrela de cine.
E a súa vida foi irreal como un soño que psiquiatra interpreta e arquiva.

Os seus romances foron un bico cos ollos pechados
que cando se abren os ollos
descóbrese que foi baixo os reflectores e apagan os reflectores!
e desmontan as dúas paredes do apousento (era un set cinematográfico)
mentres o Director afástase co seu caderno porque a escena xa foi tomada.
Ou como unha viaxe en iate, un bico en Singapur, un baile en Rio
a recepción na mansión do Duque e a Duquesa de Windson
vistos na saliña do apartamento miserable.
A película terminou sen o bico final.
Achárona morta na súa cama coa man no teléfono.
E os detectives non souberon a quen ía chamar.
Foi
como alguén que marcou o número da única voz amiga
e oe tan só a voz dun disco que lle di: WRONG NUMBER
Ou como alguén que ferido polos gánsteres
alarga a man a un teléfono desconectado.

Señor
quenquera que sexa o que ela ía chamar
e non chamou (e tal vez non era ninguén
ou era Alguén cuxo número non está no Directorio de Los Angeles)
contesta Ti o telefono!

ERNESTO CARDENAL

Sem comentários: