sexta-feira, janeiro 26, 2007

Os empregados de Pescanova Namibia inician folga por salarios

Reuters. Luns 22 de Xaneiro, 2007.

WINDHOEK, Namibia (Reuters) - Traballadores da filial en Namibia de Pescanova comezaron o luns unha folga pedindo melloras salariais, segundo informou un líder sindical.

"A dirección da empresa quere manter un diálogo, pero esas conversacións non serán fructíferas ata que presenten unha proposta", dixo Paulus Hango, presidente do Namibian Seamen and Allied Workers of Namibia, sindicato de pescadores e traballadores de Namibia.

Este sindicato, que representa a parte dos máis de 1.250 traballadores en folga na planta que a compañía ten no país africano, baixo o nome de NovaNam, solicita un aumento dun cinco por cento dos salarios e o pago a cada empregado dun bono de 850 dólares de Namibia (uns 92 euros). Así mesmo, piden que uns 72 traballadores temporais sexan contratados a xornada completa.

Enlaces sindicais mantiveron encontros durante a última semana nun esforzo por atopar solución a este conflicto laboral. Esta tarde, está prevista a celebración dunha nova reunión.

Responsables da planta en Namibia non quixeron facer declaracións sobre as negociacións.

© Reuters 2007. Tódolos dereitos reservados.

Sem comentários: