sábado, janeiro 27, 2007

Rusia encobre crimes de guerra en Chechenia.


Segundo informa o xornal The Independent na sua edición do 25/01/07, organizacións de dereitos humanos denunciaron os esforzos do goberno ruso para encubrir crimes de guerra no territorio separatista de Chechenia logo de que o Kremlin iniciou unha batalla legal contra dúas agrupacións de alto perfil que traballan en Chechenia, a Sociedade da Amizade Ruso-Chechena, pechada a semana pasada por orde da Suprema Corte de Xustiza, e Iniciativa Rusa pola Xustiza, que sostén enfrontamentos coas autoridades de Moscú. Ambas agrupacións dedícanse, entre outras cousas, a buscar xustiza para chechenos vítimas de abusos por parte das autoridades rusas, polo que existe o consenso de que a persecución gobernamental é resultado de labores de encubrimento do Kremlin.



Sem comentários: