domingo, janeiro 14, 2007

Tes que enviar millóns de soldados a Iraq, non milleiros!!


Michael Moore


Aporrea.com


A misiva de Michael Moore, exemplarmente irónica, dá resposta á alocución presidencial do mércores (10/01/2007) na cal "W" informou achega da súa decisión de enviar "máis de 20.000 tropas adicionais a Irak").



Estimado Sr. presidente, Agradézoche pola túa mensaxe á nación. É bo saber que aínda desexas falar connosco logo de como nos comportamos en novembro. Dime, podo ser franco? Enviar apenas 20.000 soldados máis non vai facer o traballo. Iso soamente levará o nivel da tropa ao mesmo que había o ano pasado. E estabamos perdendo a guerra o ano pasado! tivemos xa máis dun millón de soldados servindo por algún tempo en Iraq desde o 2003. Algúns miles máis simplemente non serán suficientes para atopar esas armas de destrución masiva! Eh, quero dicir... traer eses responsables do 11/S á xustiza! Umm, tacho isto. Tratemos mellor: TRAER DEMOCRACIA AO MEDIO ORIENTE! YES!!! Tes que demostrar un certo valor, cabaleiro! Esta tela que gañar!


Ven acá, ti atopaches a Saddam! Ti colgáchelo ben alto! Encántame mirar o vídeo diso -xusto como no vello e salvaxe oeste! O malo estaba vestido de negro! Os verdugos eran tan feos como o aforcado! Arriba o linchamento das multitudes!!! Mira, teño que admitir que me sento moi consternado pola lea en que che metiches. Como Ricky Bobby dixo, “se non es o primeiro, es o último”. E que sexas humillado diante do mundo enteiro non nos fai a NINGÚN de nós, os norteamericanos, ningún favor. Sir, escóitame. Tes que enviar MILLÓNS de soldados a Iraq, non milleiros! O único xeito de lamberse esta chupeta agora é inundar Iraq con millóns de nós! Sé que estás curto de soldados listos para combater -tes que buscar entón noutra parte! O único xeito como poderías abater a unha nación de 27 millóns -Iraq- é enviando polo menos 28 millóns! Velaquí como isto funcionaría: Os primeiros 27 millóns de norteamericanos entran e matan a un iraquí cada un. Iso evitará rapidamente calquera insurrección. O outro millón de nós permanecerá e reconstruirá o país. Simple. Agora, sé que estás dicindo, onde atoparei 28 millóns de norteamericanos para ir a Iraq?


Aquí están algunhas suxestións:


1. Máis de 62.000.000 de norteamericanos votaron por ti na elección pasada (a mesma que ocorreu ao cabo dun ano e medio de estar dentro dunha guerra que nós xa sabiamos estar perdendo). Estou seguro que polo menos un terzo deles desexaría poñer o seu corpo alí onde puxeron o seu voto e alistarse voluntariamente. Coñezo moitas destas persoas e, aínda que podamos discrepar politicamente, sé que non estarían de acordo en que outros tivesen que ir loitar unha loita que é deles -- mentres que eles mesmos permanecen ben protexidas aquí en Norte América.


2. Podes crear grupos de encontro chamados “mata a un iraquí” en cidades a través do país. Sei que esta idea é dun estilo moi de comezos do século XXI, pero recordo que fun unha vez a un grupo de encontro de Lou Dobbs e, xúrocho, algunhas das mellores ideas chegan despois do terceiro “mojito”. Estou seguro que conseguirás outros cinco millóns de alistados mediante este esforzo.


3. Envía alá a todos os membros dos medios de comunicación principais. Logo de todo, foron os teus colaboradores en traernos esta guerra -e moitos deles xa están adestrados a forza de estar “encaixados!” Se iso non leva o total a 28 millóns, entón recruta a todos os espectadores FOX News. Sr. Bush, non che deas por vencido! Agora non é o momento de aguantarse! Non xogues ao pequeno ganador enviando unas poucas tropas cansas de mais. Pon á túa xente detrás de TI e condúcea cara a alá como un verdadeiro comandante en xefe! Non deixes a ningún conservador de lado! Velocidade máxima cara a adiante! Prometemos que lles escribiremos. Vaia a conseguilos W!


Seu, Michael Moore

Sem comentários: