sexta-feira, fevereiro 09, 2007

Xa na rúa o ENCLAVE 15

A presentación en Vigo tivo lugar o pasado venres día 9 ás 20:00 horas na Casa do Libro.


Vén de saír do prelo o último número da revista ENCLAVE, que desta volta reparte os seus contidos entre a situación sociopolítica internacional coa actualidade galega.

Destacan neste número as colaboracións de Xosé Paz Antón, Lih Beiruk, Antón Fernández Escudero, Xosé Veiras, Shlomo Ben-Ami, Gerry Adams e Xosé Manuel Beiras.

Podes topar ENCLAVE nas principais librarías do noso país ou ben facer a túa encomenda directamente no seguinte correo: info@fundacionenclave.org.

Sem comentários: