quarta-feira, janeiro 24, 2007

Xa se pode apoiar de xeito individual o PuntoGal


Mércores, 17 Xaneiro 2007

O web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.

Despois de unha primeira etapa de procura de apoios de máis institucións, colectivos e asociacións, ábrese a opción de que cada quen asine, de maneira individual, para deixar constancia do seu apoio ás reivindicacións da Asociación PuntoGal.

Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón 'Anotarse', que se atopa dento da sección de 'Apoios Individuais', aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante.

Sem comentários: