quarta-feira, fevereiro 28, 2007

O desafio amazônico

Leonardo Boff
20-02-2007


O tema da Campanha da Fraternidade da Igreja Católica do Brasil desta Quaresma, é sobre a Amazônia. Milhões de fiéis durante as quatro semanas irão refletir sobre sua importância para nós e para o futuro da Terra.

A Amazônia abriga o maior patrimônio hídrico e genético do Planeta. De um de nossos melhores estudiosos, Eneas Salati, sabemos:"Em poucos hectares da floresta amzônica existe um número de espécies de plantas e de insetos maior que em toda a flora e fauna da Europa". Mas esta floresta luxuriante é extremamente frágil, pois se ergue sobre um dos solos mais pobres e lixiviados da Terra. Se não controlarmos o desmatamento, em dezenas de anos, a Amazônia pode se transformar numa imensa savana.

Ela não é terra virgem e intocável. Em milhares de anos, dezenas de povos indígenas que ali viveram e vivem, atuaram como verdadeiros ecologistas. Grande parte de toda floresta amazônica, especialmente de várzea, foi manejada pelos índios, promovendo "ilhas de recursos", criando condições favoráveis para o desenvolvimento de espécies vegetais úteis como o babaçu, a palmeira, o bambu, os bosques de castanheiras e frutas de toda espécie, plantadas ou cuidadas para si e para aqueles que, por ventura, por lá passassem. As famosas "terras pretas de índios" remetem para esse manejo.

A idéia de que o índio é genuinamente natural, representa uma ecologização errônea dele, fruto do imaginário urbano, fatigado pela artificialização da vida. Ele é um ser cultural. Como atesta o antropólogo Viveiros de Castro:"A Amazônia que vemos hoje é a que resultou de séculos de intervenção social, assim como as sociedades que ali vivem são resultado de séculos de convivência com a Amazônia". O mesmo diz em seu instrutivo livro E.E.Moraes "Quando o Amazonas corria para o Pacífico" (Vozes 2007): "Resta pouca natureza intocada e não alterada pelos humanos na Amazônia". Por 1.100 anos os tupi-guarani dominaram vastíssimo território que ia dos contrafortes andinos do rio Amazonas até as bacias do Paraguai e do Paraná.

Indio e floresta, portanto, se condicionam mutuamente. As relações não são naturais mas culturais, numa teia intrincada de reciprocidades. Eles sentem e vêem a natureza como parte de sua sociedade e cultura, como prolongamento de seu corpo pessoal e social. Para eles a natureza é um sujeito vivo e carregado de intencionalidades. Não é como para nós modernos, algo objetal, mudo e sem espírito. A natureza fala e o indígena entende sua voz e mensagem. Por isso ele está sempre auscultando a natureza e se adequando a ela num jogo complexo de inter-retro-relações. Encontraram um sutil equilíbrio sócio-cósmico e uma integração dinâmica, embora houvesse também guerras e verdadeiros extermínios como aqueles dos sambaquieiros e de outras tribos.

Mas há sábias lições que precisamos aprender deles face às atuais ameaças ambientais. Importa entender a Terra, não como algo inerte, com recursos ilimitados, disponíveis ao nosso bel prazer. Mas como algo vivo, a Mãe do índio a ser respeitada em sua integridade. Se uma árvore é derrubada, faz-se um rito de desculpa para resgatar a aliança de amizade. Precisamos de uma relação sinfônica com a comunidade de vida, pois como foi comprovado, Gaia já ultrapassou seu limite de suportabilidade. Se deixarmos as coisas correrem e não fizermos nada as ameaças se tornarão devastadora realidade.

* Leonardo Boff é teólogo, filósofo, espiritualista, e ecologista. Ajudou a formulara a Teologia da Libertação e escreveu mais de sessenta livros. É professor emérito da Universidade do Estado do Rio de Janeiro.

http://www.cosmo.com.br/colunistas/leonardo_boff/integra.asp?id=186050

ALEXANDRE SÁNCHEZ VIDAL CONTARÁ CON ANXO QUINTANA PARA A SÚA PRESENTACIÓN COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE OURENSE POLO BNG

Xoves 1, 20.00 horas. Ourense

A presentación pública de Alexandre Sánchez Vidal, candidato á alcaldía de Ourense terá lugar mañá, 1 de marzo. Intervirá o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana.


DÍA: 1 de marzo.

HORA: 20.00 horas

LUGAR: Auditorio Municipal. Emilia Pardo Bazán. Ourense

ASUNTO: Municipais 2007

FALARÁN: Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG. Alexandre Sánchez Vidal, candidato á alcaldía. Presenta Isabel Pérez.


O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE UNHA PROPOSTA NACIONALISTA PARA CREAR UNHA MESA DE TRABALLO QUE RECUPERE A MEMORIA HISTÓRICA DAS MULLERES GALEGAS

Ana Pontón defendeu o pleno unha proposición non de lei que impulsa a promoción de liñas de investigación para rescatar o papel das mulleres na historia.

O pleno do Parlamento aprobou este serán co voto de todos os deputados a favor, unha proposición non de lei do BNG, transacionada polo PP, na que se insta a recuperar a memoria histórica das mulleres galegas.

A iniciativa, asinada por todas e elaborada pola portavoz de Igualdade, Ana Pontón, propón a creación dunha mesa de traballo que, baixo o nome de “Mulleres e Memoria”, recupere a “memoria histórica das mulleres galegas e divulgue entre o conxunto da sociedade os resultados deste traballo”.

O segundo punto da iniciativa propón a promoción de liñas de investigación que teñan como cometido rescatar e difundir o papel das femias na Galiza, sobre todo no labor desenvolvido na “defensa e reivindicación de dereitos políticos, sociais, económicos e culturais das mulleres” e o terceiro suxire a colaboración cos concellos para acadar unha maior visualización das mulleres a través dos rueiros e nomes de centros públicos.

Ana Pontón expuxo a situación que veñen padecendo as mulleres galegas, “desposuídas historicamente de poder, e, polo tanto, as súas aportacións foron devaluadas e esquecidas” nunha nación á que “se lle ten deturpado o seu pasado, negándose parte de el, ao servizo da ideoloxía españolista”.

De feito, a deputada do BNG explicou que “as poucas mulleres que se salvaron deste ocultamento foron deformadas, como Rosalía de Castro, que se nos presenta como unha muller conformista, deprimida e choromiqueira, para ocultar o carácter reivindicativo da súa vida a prol do idioma galego e os dereitos das mulleres”.

Protagonistas con nomes e apelidos

“Queremos recuperar homes e feitos asociados que explican unha parte do noso pasado”, subliñou Pontón, e puxo como exemplo sucesos como o acontecido en Noia en 1910, onde Consuelo Queiro Gómez perdeu a vida nunha protesta polos impostos abusivos.

Manuela Couso, asasinada por defender a abolición dos foros, Xoana Capdevielle, coñecida activista social que foi tamén asasinada en Rábade, ou as mulleres que sufriron prisión no réxime franquista, entre elas Isabel Ríos, Josefina García Segret ou Mercedes Núñez, vítima do campo de concentración de Ravensbruck, foron algúns dos nomes mencionados pola deputada nacionalista como exemplo do papel das mulleres na historia galega máis recente.

Todo por facer

Nesta materia, tal e como subliñou Pontón, “está case todo por facer”, e apuntou a necesidade de coñecer “cal foi a posición das galegas ante as reivindicacións a prol dos dereitos políticos e civís e como se organizaron; achegármonos ao seu papel na II República, afondar no impacto que tivo o levantamento militar nas mulleres e os seus dereitos recén adquiridos, e revisar o enfoque co que se enfrontan diferentes períodos incorporando os aportes feitos polas mulleres”.

Ana Pontón loubou a iniciativa da Consellaría de Cultura coa declaración do Ano 2006 como o Ano da Memoria e quixo tamén marcar o antes e despois marcado polo cambio de goberno neste eido.

terça-feira, fevereiro 27, 2007

GALIZA SOSEGO


GALIZA SOSEGO

Galiza Sosego nace coa idea de ter un espazo onde reflectir calquera tipo de opinión social ou política relativa a calquera tema de Galiza, Europa ou o Mundo.

Calquera persoa pode participar. Unicamente enviando un correo electrónico a dirección galizasosego@yahoo.com.br indicando que se quere publicar un artigo ou unha opinión, e esta será publicada.

Poucos son os requisitos necesarios: liberdade, gañas de contar algo ou destacar un artigo, que estea en galego (AGAL, RAC, etc...), que non conteña insultos cara ningunha institución ou persoa, e pouco mais...

Se queres que se engada no blog unha ligazón con outro blog ou unha paxina web so tes que pedilo, e si existe reciprocidade, conta que esta feito.

Anímate a participar en GALIZA SOSEGO.

A BATALLA DE LAVADORES


De Vigo chegaron a Mondariz dous rapaces das mocidades coa noticia de que fora cortado o paso a Pontevedra. Os rapaces pretendían que en Mondariz lles proporcionasen fusiles. En Mondariz abunda a auga medicinal e a auga fresca e as escopetas atadas con barazas de cores.
Fusiles?... Os rapaces olláronse as mans valeiras que os de Mondariz non podían encher.

"A pequena Rusia" chamaban a Lavadores, lugar de campesiños, pescadores e obreiros da industria conserveira viguesa, con altos maínzos, bastidores de parras, piñeiros nas ladeiras do monte, e embaixo, o mar. Lavadores seria unha das laparadas de Galiza naquel mes de xullo.

O Gobernador militar, amigo do Xefe do Goberno, feita a súa burla ás esquerdas que lle pedían garantías, meteu de noite nos cuarteis aos falanxistas e uniformounos. Os obreiros entraron ao traballo o luns, 20 ás once da mañá, o capitán Carreró saíu dos cuarteis do Monte do Castro ao fronte dunha compañía de infantería, a tambores batentes e coa bandeira republicana despregada. Núcleos de obreiros e transeúntes aplaudiron. No Paseo de Alfonso XII, o capitán ordenou un toque de clarín e comezou a fixar nas paredes os bandos coa declaración do estado de guerra. A cada bando que fixaba, lanzaba un "¡Viva a República!" Os vigueses horrorizáronse.

Carreró e as súas tropas baixaron pola rúa de Elduayen. Aos talleres e ás fábricas chegou o rumor da trampa militar. Eran as doce do día, hora de saída do traballo. Cando Carreró, coa espada desenvaiñada, entrou na Porta do Sol, había na praza uns centenares de obreiros que, a berros o acusaban de traidor. Carreró ordenou un toque de atención e adiantouse a fixar un bando. Un rapaz das mocidades, arrincoullo das mans e zoupoulle na cara.

O capitán descargou a súa pistola na cabeza do rapaz.

Entón os obreiros avanzaron contra os soldados.

- ¡Fuego por descargas! — manda Carreró.

Xeonllo en terra, a compaña dispara sobre a masa indefensa e sorprendida. Dixéranlle: "El Gobernador militar ha dado garantías de que las tropas son leales... Hay que entrar al trabajo".
Os obreiros créronlle, entraron ao traballo, e ao acabar a metade da xornada, atopáronse coa sorpresa de que embaixo de cada uniforme se ocultaba un bandido.

As descargas acontécense con ritmo de manobra. Caen trinta obreiros. Os outros foxen, e sen mandos nin dirección, solos coa súa cólera, tratan de se facer fortes: uns, na calzada de Teis e outros, recúan pola rúa do Príncipe cara Lavadores. Dunha maneira lóxica se parapetaban nas dúas zonas obreiras mais populosas da cidade.

A Guarda da Casa do Pobo cos seus vintetantos fusiles e dous peites para cada un, é atacada polos falanxistas uniformados. A Falanxe cubrira as entradas de Vigo con carteis nos que se lía: "JONS es pan y justiza". A hora do pan e da xustiza da JONS acababa de soar.

Os obreiros vigueses espállanse aterrorizados. Non hai quen os guíe nin quen lles diga o que deben facer para organizar a defensa. Camiño de Lavadores van os obreiros e pola estrada veñen os campesiños de Porriño, de Mondariz, de Ponteareas, de Salvaterra, da Caniza... Son miles, tantos que a Guarda civil dos postos non se atreve a botarase o fusil á cara. A de Lavadores, en mangas de camisa, á porta da casa-cuartel, asegura que é neutral.

O vello Enrique H.Botana, o avó dos socialistas galegos, ponse ao fronte con todos os seus anos dos grupos que se concentran en Teis. A Lavadores acoden os Xefes republicanos, os deputados socialistas Bilbatúa e Seoane, o secretario xeral do Partido Socialista de Vigo, Apolinar Torres, e os dirixentes comunistas Garrote e Eduardo Araujo. Chegan atravesando as hortas.

Organizarse a resistencia co lastrado, constrúense barricadas e ábrense tres liñas de trincheiras: o primeiro no alpendre de consumos, a segunda, fronte ao cuartel da Guarda civil e a terceira xunto ao campo de fútbol.

Hai alá unha masa inmensa, desorganizada e chea de esperanzas. Ollase cara atrás no tempo, e o labrego non descobre que os seus pais nin os seus avós houbesen empuñado as armas para defender forma algunha de poder estabelecido. Por primeira vez, eles se arman con esa asombrosa finalidade. A lei, inimiga sempre, tiña os seus defensores nos gardas e nos militares. E resultaba que o labrego era o seu defensor e a garda militar os inimigos da lei. E pensaba o labrego: "coa lei da nosa parte, de seguro gañamos".

Estabeleceuse unha especie de cuartel xeral no Porriño, vila de paso, entre Ponteareas e Vigo. Das canteiras tróuxose dinamita, que se depositou no Concello. Os labregos descoñecían a técnica da fábrica das bombas.

Que facer coa dinamita?

De Tui dicían:

- Voade as pontes da estrada de Ourense.

Como se voaban?

- Con dinamita.

A noite do 20, a estrada que pasaba por Lavadores fervía cun carraxe de homes. Viñeran os que dispuñan dunha pistola ou dunha escopeta .Con tantas armas podíase facer moito ruído. Pero as metralladoras de Carreró e os fusís dos soldados e dos gardas de Asalto sobraban para acabar coa resistencia dos campesiños que disparaban munición e disparaban berros: o entusiasmo e a boca aberta contra as armas automáticas.

Cando o Poder e a autoridade legais andan de por medio e ese Poder e esa autoridade están co pobo, o home da aldea pon a súa confianza no Goberno. Que ían eles a temer se tiñan o Goberno ao seu lado?

Foron destacadas forzas populares para vixiar a estrada de Ourense e a liña do Miño.

- Que facemos cos que fuxan a Portugal?
- Deixádeos que se vaian.
- E as maletas?
- Quedar con elas.

Porque non podía acontecer outra cousa. Os rebeldes debían fuxir se non querían perecer. Os labregos imaxinábanse a curas e a prestamistas empaquetando as súas roupas. Non lles farían dano. Que se fosen a Portugal; pero ficaríanselles cos zapatos, os sombreiros, as camisas e os traxes de bo casimira.

Carreró non se deu présa. Era un malfeitor con experiencia militar.

Ao amañecer, as mulleres agasallaron aos combatentes con cuncas de leite. A muller galega vale tanto como o home: traballa a terra, coida o gando e derriba árbores co mesmo empurre que el. Ademais, pare fillos. A condición migratoria do pobo galega, impuxo á tarefa de suplir ao home que se foi ás Américas. E ao desatarase o bandidaxe rebelde, a muller puxouse xunto ao seu compañeiro:

- Darlle viño aos homes!

Os mellores tiradores ocuparon a primeira trincheira: Manolo Fresco, grande e bo, alzaba no ar ao adversario pola solapa da americana e novamente o deixaba no chan sen lle facer mal. A mellor escopeta de Hespaña! Con Fresco estaban Carballo de Mondariz, Jesús de Queimadelos e dous rapaces de Ponteareas. A loita dirixíana Fresco, o fillo do alcalde de Vigo, o ex alcalde socialista de Lavadores, José Quintela, os comunistas Garrote e Araujo e os irmáns Cabaleiro.

Desde o chalé dos Núñez, familia de ricos, se dispararon os primeiros tiros. Os combatentes da primeira trincheira asaltaron o chalé. Corría non sabían moi ben o que, polos maínzos. Fixéronlle lume. Caeu. Era o pai dos Núñez, que abandonaba a casa onde os seus dous fillos se lanzaban á agresión. Detívose aos moradores do chalé. Ás mulleres devolvéuselles a liberdade. Aos homes... Eran falanxistas. Consultáronse os republicanos:

- Temos que entregalos ao Fronte Popular.

Pero xa subían cara Lavadores as tropas de Carreró, coa Garda Civil de Vigo e gardas de asalto e, a retagarda, os falanxistas. As tropas despegáronse e os gardas ocuparon as azoteas próximas ás concentracións dos labregos cheos de ilusións bélicas e coa alma na boca. Comezou a batalla, é dicir, o ruído. As escopetas cuspían munición. A puntería de Fresco lograba ás veces un branco. O "Chicho" de Ponteareas e Antonio Couto, de Mondariz, foron as primeiras baixas.

Ouvíase a radio de Madrid que transmitía o gozo das súas vitorias sobre o inimigo.

Non a escoitaban os rebeldes?

O grupo que ocupaba a avanzádella da liña recuou á segunda trincheira, e entón xuntáronse as traizóns. Os gardas de Lavadores, tomaron os fusiles. Para final, apareceu un hidro da base de Marín. A desorganización, a desilusión e a desventura desbandaron aos campesiños. No alto de Puxeiros, o hidro metrallounos. Os que o presenciaron dixeron o que se dirá sempre:

- O sangue corría polas cunetas como a auga despois da chuvia.

Un dos fillos de Núñez comezou a visitar as casas de Lavadores.

Entraba e disparaba. Cos ollos ben abertos, nun estoupido de epilepsia homicida, mataba, mataba... Durante meses e meses non faría outra cousa se non matar. Aínda debe seguir matando. Había que fuxir, que pola estrada se achegaban en camións os lobos de Ourense. No círculo infernal do medo, ficaron pechados os que fuxían.

Homes houbo capaces de morder as pedras e que dun salivado atravesaban unha "tamanca", que se meteron nas súas casas, abriron unha xanela e morreron disparando perdigóns contra as balas dos gardas.

E Madrid?...

Dilles algo, Madrid!

Son moitos os que agardan unha palabra túa para se facer fortes detrás dunha pedra ou emboscarse no monte. Até o vello Carballido, de Padróns, non o entendía. Fórono a buscar. Desde a súa aldea trouxérono nunha carreta. Carballido, paralítico con mais de medio século a custas, berraba polo camiño:

- Morra a Garda civil! Viva a República!

Os gardas partíronlle o peito coas culatas. Carballido alasaba e volvía a berrar:

- Morra a Garda civil! Un veciño aconselloulle:

- Cálese Carballido, que o van matar.


O vello paralítico volteouse a ollalo:

- Pero non ve vostede D. Manuel que xa me estou morrendo?... Morra a Garda civil!

Había que escapar.

- E ti, non fuxes?

- Eu ándoche co ollo por encima dó ombro.

Así andaban os que non fuxían. Os lobos de Ourense xuntáronse cos de Vigo e Pontevedra. Ex presidiarios e curas ían con eles. Non todos os curas. O de Guillade, a parroquia mais esquerdista de Ponteareas, era un bo cura. En Guillade detiveron a numerosos veciños. O abade, sotana limpa, correu a Pontevedra.

- Sóltenme aos de Guillade — dixo.

- Son os mellores fregueses que teño.

O señor abade, non se moveu das portas do cárcere até que soltaron aos seus fregueses. Ai, se todos os curas de Galiza fosen como o bo cura de Guillade!

Había que escapar, porque iso de andar co ollo por riba do ombro non era asunto.

Os gardas e os falanxistas de Ourense pasaron sen se parar nas aldeas do camiño, cara Pontevedra e Tui; as metralladoras que levaban nos camións consumían fitas de balas contra os paisanos. Salvaban as gabias que lles cerraban o paso e as pontes voadas, mal voadas, porque mesmo para voar hai que estudar e os labregos carecían de letras. Detrás dos camións, as bandeiras republicanas aínda ondeaban nas casas municipais.

Os campesiños derrotados tornaron de noite a Ponteareas e a Mondariz. Non tiñan onde agarrar. Pendentes de Madrid, Madrid non lles dicía nada. Madrid coidábase do que acontecía en Madrid. Unha frase de alento abondase para que os labregos se botasen aos montes e organizasen guerrillas. Non se pronunciou esa frase.

Os que puideron, atravesaron a raia portuguesa. De alá devolveríanos para que gardas e falanxistas os mataban nas cunetas. O alcalde de Ponteareas se emparedou. Durante tres anos andaría fuxitivo e algunhas noites durmiría nos cuartos de autopsias dos camposantos.

Abriuse a conta dos mortos. Ao Ruco, de Angoares, xornaleiro, o serraron vivo. A José da Cigarreira e a Gustavo Taboas atáronos polos pulsos e lles dispararon polo lombo.Taboas caeu morto; José da Cigarreira emprendeu carreira co morto atado ao pulso. Pesaba o morto. De pronto deixou de sentir o peso. José podía correr mais. Unha bala parouno en seco; levaba atado ao pulso un brazo arrincado de callo ao cadáver de Taboas. Que cacho de home era José!

Despois da chuvia, ao pé das árbores nacen os fungos. Despois do miserábel triunfo, sobre as tumbas dos caídos, brotaron os verdugos. Na provincia de Pontevedra, o médico e deputado Víctor Lis, Jesus do Barrio, Búa... incendiaban e asasinaban.

- Que ven Víctor Lis!— dicían as nais aos fillos para os espavorecer.

Luis Souto tamén tivo que escapar. Axudouno un frade franciscano, alma parella do abade de Guillade. Durante varias noites, o frade folleou os libros da biblioteca do seu convento. Necesitaba confortarse con leis canónicas e sabedorías morais. O frade sentiu no silencio da biblioteca un grande pavor nocturno ao descubrir que os asasinos eran os habituais da sagrada mesa.

Aseguroulle a vostede, Souto, que estou a vivir nunha agonía. Eles non teñen razón. Por o que Deus semella protexelos?

- Iso, pai, pregúntello vostede a Deus — repuxo Soto.

- A min non me contestaría; non estamos presentados... Perdóeme a irreverencia, pai. As razóns son outras. Os republicanos achacan a derrota á falta de armas. Os socialistas din: "Non tíñamos armas e careciamos de organización". Nós, os comunistas, non dispúñamos da forza necesaria para dirixir as masas en Galiza. Pola súa parte, republicanos e socialistas puxeron a súa confianza nos gobernadores, e cando quixeron reaccionar, era tarde.

- E o que culpa teñen os labregos de que os partidos políticos non soubesen dirixilos?

Coa axuda do frade, Luis Souto refuxiouse na provincia de Ourense. Pechouse nunha cova. Fuxiu entón a Portugal e por Francia votou á España republicana. Mas esta historia, como a historia dos verdugos — Víctor Lis, Búa, Jesús do barrio... — Son outras historias.

Vencidos os republicanos en Pontevedra e Vigo, en toda a provincia sómente ficaba unha aldea libre: Tui.


BIBLIOGRAFIA:
La escuadra la mandan los cabos. Manuel D. Benavides. Ediciones Roca. México 1976. (reimpresión do orixinal de 1944).

Tradución ao galego: Galiza Sosego.

segunda-feira, fevereiro 26, 2007

Solicita por correo o amparo por parte do Noso Candidado

Solicita a mediación do Noso Candidato a Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira para impedir que a caza de bruxas da UPG se perpetre co noso compañeiro Pedro e logo poda chegar a continuar con mais compañeiros ata saberes onde parar.

Copia este formato de correo, se gustas del, e envíallo a Santi na súa dirección santi@santidominguez.com, e así poda mediar polo noso compañeiro e impedir tal atropelo. Santi sempre foi un líder na comarca de Vigo, e ten carisma suficiente como para isto e mais. Senón, xa o veredes no seu bo facer como o Próximo Alcalde de Vigo.

GzS


(Utiliza o Copia e Pegar)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estimado Santi:

Como seguramente xa será do teu coñecemento, por parte da U.P.G. estase a promover a expulsión dun compañeiro teu do B.N.G. por razóns unicamente Racistas ao pertencer este militante a Asociación Galega de Amizade con Israel. Compartiras con migo en que é un atropelo propio de situacións fascistas stalinistas contra a liberdade de expresión, de asociación e pensamento.

Este atropelo inxustificado contra este compañeiro xusto antes da campaña das municipais é absolutamente inoportuno e a UPG debería darse de conta o dano que pode chegar a causar ao diminuír as nosas grandes expectativas que temos depositadas en ti como Candidato a Alcaldía da Cidade de Vigo.

Por iso, e apelando a túa gran experiencia como persoa de consenso e talante, propio de ti, e motivo polo que por unanimidade elixímoste como o Noso Candidato, propóñote como mediador neste despropósito e ao mesmo tempo deixar claramente plasmado o gran carisma que espertas na militancia do B.N.G.

Na esperanza de que podas chegar a un acordo, antes das eleccións municipais, no que quede claro que a pertenza do teu compañeiro a AGAI non e incompatible coa militancia activa non BNG, despídese cunha forte aperta,

Asdo._______________

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Torres máis altas caeron

O TRASNO Revista IRIMIA Nº 737

Como non van caer os de Gondomar? E máis que caerán.

A uns concellos paralízaselles o plan por practicar un urbanismo insostible. E a outros, directamente, pétalles na porta a Garda Civil. Irán caendo. Inexorablemente. É cuestión de tempo.

"Eses caen sós", díxome un día unha voz sabia, falando dun director corrupto de pés a cabeza que me tocou aturar na miña estadía africana, "é cuestión de tempo". E así foi. Home, houbo que empurrar un anaco, remexer baixo corda, preparar o ambiente, e mover fíos aquí e aló,… pero pouca cousa: ao remate foi el quen caeu pola súa desfachatez, polo seu propio peso, que era enorme por certo, cento cincuenta quilos de graxa corrupta. E caeu en caída libre, ata o máis escuro pozo de miseria, ata o extremo de inspirar compaixón ás súas propias víctimas.

Nas colas dos centros de saúde e nas peixerías, nas asociacións e nas perruquerías das vilas fálase a medias palabras, é un murmurio crecente, é un disque disque que acabará, en moitos casos, en máis visitas da Garda Civil. Porque a xente pode falar de máis, é certo, pero tamén fala de menos, ou cala, ou fala a medias sobre o que ve. E o que ve é o enriquecemento ostentoso deste concelleiro, os negocios no caribe do alcalde, os innecesarios, adolescentes e fachendosos vehículos de alta gama, a relación da súa familia coa inmobiliaria sempre beneficiada, as picardías, as "mordidas", as compravendas e miserias mil.

Así que caerán, como en Marbella. O triste do caso é que, cando o de Marbella, recordo escoitar un programa de radio no que entrevistaban a xente nova sobre a trama, os detidos, o caso aquel todo. A maioría das opinións eran nesta liña: eso estivo realmente mal, hai que ser burros, foi unha chapuza, eu faríao moito mellor: a min non me pillarían.

E eu sentín un arrepío, un pinzamento, aló no medio dese carrelo moral que nos sostén a esperanza e nos mantén, de milagre, vivos.

Daniel López Muñoz

Se non aceptas as novas tarifas do móbil podes pedir a baixa no momento

NOVO BOICOT CONTRA AS SUBIDAS O 1 DE MARZO

O Instituto Nacional de Consumo, dependente do Ministerio de Sanidade e Consumo, advertiu de que calquera usuario que non estea conforme coas novas tarifas de telefonía móbil poderá pedir a baixa no servizo "sen penalización algunha". E é que está previsto un aumento nas tarifas e no estabelecemento de chamada logo de que a lei obrigue agora a facturar polo tempo real de uso do servizo, e non por tramos.

Segundo Consumo, o usuario ten dereito a pedir a baixa no contrato "sen aboarlle ningunha penalización por ese feito ao operador no caso de que decida non aceptar as novas condicións". Ademais, "o dereito a desistir do contrato non pode verse condicionado ou obstaculizado polas cláusulas de permanencia". As compañías tampouco poderán interferir no cambio de operador coa conservación do número.

Para facer fronte ás posíbeis reclamacións de clientes á hora de tramitar a baixa, o Instituto facilita un número de Atención ao Usuario de Telecomunicacións, o 901 336 699.

Xornada de Boicot o día 1 de marzo

Será precisamente na data marcada no calendario polas operadoras para aplicar as súas novas tarifas cando se realice unha nova xornada de boicot contra estas. A campaña conta cunha web onde se explican os motivos polos que se organiza a xornada sen móbil. "Para compensar a tarificación por segundos sóbennos o estabelecemento de chamada de 12 a 15 céntimos" así como "o prezo por minuto entre un 15 e un 20%".

A campaña suxire que como acto de protesta o día 1 de marzo non se utilice o móbil para nada, "a non ser que sexa de extrema urxencia".

http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56607

domingo, fevereiro 25, 2007

LINGUA E TERRITORIO

Xa pode consultar en formato PDF a publicación “Lingua e territorio

(http://www.consello dacultura. org/mediateca/ pubs.pdf/ lingua_territori o.pdf),

editada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG).

Os Capítulos desta obra foron previamente presentados como relatorios no Simposio Lingua e Territorio, que tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela entre o 4 de novembro e o 3 de decembro de 2004, organizado polo ILG en colaboración co CCG.

O BUQUE FANTASMA

Durante os pasados días poidemos asistir espectantes, ao tempo que sorprendidos, ao paseo dun novo buque contaminante polas costas galegas, é dicir, de norde a sur, de sur a norde, de leste a oeste e de oeste a leste. Non é a primeira vez que acontece nas nosas costas un espectáculo semellante. Coido que ningún dos habitantes diste País pode comprender ista maldición bíblica que nos persigue ás galegas e aos galegos; con efeito, non pasa moito tempo entre un e outro paseo de barco no que se pon de manifesto a falta de capacidade das autoridades competentes (niste caso, máis ben incompetentes), para poder resolver con eficacia os múltiples casos de barcos que fican á deriva xa sexa de xeito voluntario ou involuntario.

No caso que agora nos ocupa, o barco en cuestión tivo que ser manexado de arriba a abaixo frente ás costas galegas até que, por fin, se atopou unha solución para intentar evitar unha nova catástrofe nas nosas costas. Naturalmente, o sempieterno dilema técnico de abeirar o barco nalgunha das rías ou portos do noso País ou deixalo fora da liña de costa para tratar de reparalo in situ, volveu plantexarse. Descoñezo, por non ser técnico na materia, cal pode ser a millor solución, pero como cidadán, entendo que non somos merecentes de sufrir a inquedanza de qué vai acontecer cada vez que un barco ten algún problema de maior ou menor dimensión frente ás costas galegas.

Comprendo á perfección a posición dos representantes dos cidadáns que habitan nos concellos máis cercanos ao lugar no que en cada momento se atope o barco siniestrado. É evidente que ninguén ten gañas de carregar cas consecuencias dun problema do que non é responsábel. Agora ben, o que non podo comprender é isa falta de actividade da Administración de turno que non é capaz de resolver o problema de xeito áxil para evitar a desazón dos cidadáns atemorizados.
Eiquí debemos referirnos á falta de competenzas que ten a Xunta de Galiza a respeito da seguranza e salvamento marítimos. Non é de recibo que unha competenza como isa, que precisa dunha atención áxil e eficaz, resida a seiscentos quilómetros de distancia do lugar no que debe emprestarse isa atención ca maior celeridade. Niste sentido, sería de agradecer un rápido traspaso de competenzas, ca dotación orzamentaria correspondente, que atribuira á administración pública galega (Xunta de Galiza) as competenzas na citada materia de seguranza e salvamento marítimos. O encaixe estatutario non sería caroso e, polo contrario, trataríase dunha medida que sería comprendida pola cidadanía de xeito natural e que, ademáis, debería render un excelente servizo aos cidadáns debido a un maior e máis prósimo coñecemento tanto dos lugares idóneos nos que poda darse abeiro, na nosa costa, aos buques que o precisen, canto polo coñecemento que do noso mar poden ter as persoas que, desde eiquí, dirixan as operacións correspondentes.

En definitva, parece de sentido común que se articule un novo sistema de prevención na seguranza e salvamento marítimos nas costas galegas esí como un dispositivo de intervención de maior celeridade e con tomas de decisión acertadas e certeiras, para evitar o desacougo e inquedanza que cada vez que vemos un barco no horizonte nos ven á ialma e ao cor.

http://www.blogoteca.com/alberterfeixoo/index.php?cod=10255

Xornadas de Urbanismo en Nigrán

Varias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos.

Cando falamos de urbanismo, falamos de como os habitantes de Nigrán queremos organizar o noso territorio, en función dunhas perspectivas de desenvolvemento socioeconómico, dunhas previsións de crecemento da poboación, e respectando sempre os intereses das persoas que aquí vivimos ou que aquí veñan a vivir. Queremos que as xeracións máis novas continúen vivindo aquí, e que non se vexan obrigadas a emigrar porque os pisos e casas sexan de acceso economicamente imposible para a nosa xente.

Pensamos que este é o criterio a ter en conta cando falemos de planeamento: o respecto pola dignidade e pola identidade das nosas parroquias, o respecto polo noso patrimonio natural e polo noso patrimonio histórico e cultural.

Calquera estudo arquitectónico ou urbanístico - o deseño dun novo Plan Xeral de Ordeación Municipal para Nigrán - deberá antepoñer o interese xeral ao interese particular, o interese da maioría dos veciños e das veciños de Nigrán fronte a intereses especulativos ou de enriquecemento rápido de catro “espabilados”.

Para axudarnos a pensar e a tomar decisións traemos a estas xornadas a profesionais no campo da arquitectura, dereito, historia, economía e medio ambiente; para que nos expoñan as súas ideas sobre un urbanismo harmónico e saudable, que facilite e faga máis e agradable a nosa vida.

O planeamento de Nigrán deberá ser elaborado por todas e por todos nun proceso democrático e transparente. Sirvan estas Xornadas como elemento de reflexión por un Nigrán mellor, nun Val Miñor máis acolledor e saudable.


Organizan e patrocinan.

A.VV A Irmandade de Priegue

Plataforma Nunca Máis Val Miñor

A. VV Dunas de Nigrán

Plataforma ecoloxista Salvemos Monteferro

Clube Espeleolóxico Maúxo

Portal de información Valminor.info

Instituto de estudos Miñoranos.


P R O G R A M A


Sábado 3 marzo ás 7 da tarde
Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da
área metropolitana de Vigo.


Xosé M. Souto González
Catedrático de Xeografía e Historia de Educación Secundaria. Licenciado en Xeografía Aplicada e en Historia de Galicia, cunha Memoria de Licenciatura sobre o Val Miñor. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela cunha Tese sobre a evolución urbana de Vigo.

SINOPSE
Características do Val Miñor como comarca que se move entre as transformacións rurais e asinnovacións urbanas. Estrutura económica de Nigrán no conxunto económico da área metropolitana de Vigo. Características ambientais do Val Miñor. Evolución da construción e das actividades da poboación en Nigrán e área de Vigo. Perspectivas económicas para o crecemento económico e para a construción do espazo público.


Sábado 10 marzo ás 7 da tarde
Aspectos legais da xestión do solo.

Lisardo Núñez Pardo Vera
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Experto Técnico Inmobiliario.
Preparou os seus estudos de opositor á Carreira Xudicial e Fiscal con D.José Luis Seoane Spielgelberg (presidente Audiencia Provincial de A Coruña), D.José Gómez Rey (maxistrado Audiencia Provincial de A Coruña) y D.Antonio Roma Valdés (fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).
Actualmente dirixe o seu despacho propio en Santiago de Compostela.

SINOPSE
Normativa aplicable na xestión do solo.
O planeamiento (plans xerais, plans parciais, plans especiais).
Sistemas de execución do planeamento.

Sábado 17 marzo ás 7 da tarde
A ordenación do territorio.
Os espazos naturais e o patrimonio.


Adela Figueroa Panisse
Catedrática en Bioloxía e Xeoloxía, é presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), complementa a súa actividade docente coa participación activa en numerosas institucións ecoloxístas e pedagóxicas como UNICEF, ISSOL ou o Colexio Oficial de Biólogos de Galiza.

SINOPSE
Concepto e valor da Biodiversidade. Concepto e valor da Paisaxe A necesidade da ordenación do territorio nuha sociedade en mudanza como a galega. A necesidade da protección ambiental en xeral e en particular en Galiza.
As figuras de protección. Percepción da sociedade acerca da preservación do territorio.
Actuacións de custodia do territorio.


Fernando Lahuerta Mouriño
Biológo e director da sección de medio Ambiente do Instituto de Estudos Miñoranos. Residente en Nigrán, ten publicado numeros artigos e estudos referentes a sedimentación, vexetación e fauna do esteiro da Foz (Ramallosa). Ten participado en numerosas conferencias sobre productividade e contaminación das rías galegas, ou a proteción e xestión dos montes galegos.

SINOPSE
Situación dos espazos naturais no Val Miñor . Os perigo dun crecemento urbanístico non controlado (contaminación, invasión de humidais, a construcción nas contornas fluviais)


Xabier Groba González
Presidente do Clube Espeleolóxico Mauxo. Ten publicado numerosos libros sobre as covas e petroglifos na contorna Miñorán e area metropolitana de Vigo.

SINOPSE
O Campo de Golf en Chandebrito. As súas consecuencias.


Xosé Lois Vilar Pedreira
Baiona 1965, Licenciado en Xeografía e Historia, director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e mebro da Asociación Galega de Onomástica.
Ten realizado excavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo, Panxón,...), e na súa contorna como Toralla, Esposende, As Neves, …con dedicación especial a arte rupestre no noso país.
Realizou con Roberto Rodríguez Álvarez a recollida da toponimia costeria dende o Rio Miño ata a Praia de Patos.
Actualmente está realizando en colaboración con Carlos Méixome, un estudo sobre a represión franquista no val Miñor dende 1931 a 1939.

SINOPSE
Unha ollada ao patrimonio, sobre todo moble, no Val Miñor, sen esquecer unha cita do patrimonio intanxible facendo unha análise da importancia no plano miñorano galego e universal. Unha comparativa ao desenvolvemento do Val Miñor e a atención ao patrimonio facendo un repaso as principais iniciativas sobre a temática.
Necesidades do Val Miñor para a explotación do seu patrimonio cultural (musealización, actividade cultural,...)


Xoves 22 marzo ás 8 da tarde
Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.

Pedro de Llano Cabado
Arquitecto en exercicio e profesor na ETS de Arquitectura da Coruña. Colabora en revistas de arquitectura e noutras como Luzes de Galicia, Grial ou Tempos Novos.

É autor de obras como Arquitectura Popular en Galicia. Razón e construción e outras sobre Álvaro Siza, Alejandro de la Sota, Le Corbusier ou Carlos Maside, así como sobre arquitectura holandesa ou sobre o Piornedo.
Por algunhas destas obras fóronlle concedidos premios como o da Crítica Galicia de Ensaio, o da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Comunicación ou co VII Premio do COAG.

SINOPSE
Cando non hai máis de medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada, comezou a vivir un proceso de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a evolución da nosa arquitectura do territorio vivíu un caótico proceso destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova visión da organización do territorio galego, considerado no seu conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención que posibiliten o seu desenvovemento, ao tempo que salvagardan a súa particular personalidade.

Sábado 24 marzo ás 7 da tarde
Mesa redonda. O PXOM de Nigrán


Eulogio Abeleira
Delineante superior e asesor urbanístico.

Manuel V. Sola
Actualmente xornalista de Economía de El País. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Traballou en Radio Noroeste, Atlántico Diario, Xornal Diario, Diario 16 de Galicia, La Voz de Galicia (onde foi Correspondente de Economía e Delegado para Vigo e Portugal.)
Membro fundador do Sindicato da Información de Galicia (CXTG), da Asociación de Xornalistas de Vigo e do Colexio de Xornalistas de Galicia.
En 2006 publica unha serie de sete reportaxes sobre o urbanismo na costa galega.

Mauricio Ruíz Ceniceros
Vigo, 1968. Licenciado en Dereito. Avogado en exercicio. Asesor xurídico da Comisión de Planeamento e de Medio Ambiente do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo.

Juán Hermida Lago
Nigrán 1970 - Licenciado e doutorado en Ciencias Biolóxicas pola USC. Centrou os seus estudos no Desequilibrio Gamético no cromosoma 11 humano, para a detección de xenes de enfermedades humanas de base xenética.
Participa en Proxectos de investigación co Grupo de Xenética de Poboacións da Facultade de Bioloxía da USC ainda que dende que estalou o conflicto do PXOM, deixou a súa actividade investigadora para botar unha man no colectivo veciñal e tratar de reconducir unha situación que él mesmo califica de "irreparable dano para o presente e futuro de Nigrán". A súa labor de investigación é parella á súa actividade docente como Profesor nun Instituto de Ensino Secundario.

Obxectivo CiberIrmandade: El Pais Galicia

El Pais vem de pôr em andamento o passado mês de Novembro umha "Edición Galicia" em que o galego fica relegado aos "complementos", nom valendo para a informaçom diária e estando vetado o seu uso nas colaboraçons e nos artigos de opiniom.

Fai-lhe chegar a tua queixa .

O jornal de informaçom geral com maior tiragem a nível estatal, El Pais, vem de pôr a andar o passado mês de Novembro umha "Edición Galicia" com a que se pretende abranger as notícias do nossa país.

No lançamento desta ediçom o delegado do grupo Prisa, Jose Luis Cebrian mostrava a política lingüística que ia seguir o seu jornal dizendo que "ao igual que Alfonso X escrevia poemas em galego mas editava as leis em castelhano..." reservam-se em "El Pais ­ Galicia" umhas páginas "especiais" que saíram nas sextas,em galego.

El Pais reproduz assim a política de discriminaçom do galego, restringindo a nossa língua a determinados espaços como a cultura, folclore ou lazer. Fica o galego para "complementos" do jornal. O galego nom vale para falar de tecnologia, economia, política, infra-estruturas ou opiniom, nom vale para a informaçom diária.

E umha forma mais, de lhe tirar a categoria de idioma, de o menosprezar.

Animamos todas/os aquelas/es que acreditarem na normalizaçom do dioma que mostrem o seu desacordo com a política lingüística desenvolvida por "El Pais" enviando o requerimento .

sexta-feira, fevereiro 23, 2007

Santi Domínguez propón aos candidatos de PP e PSOE un pacto pola tranquilidade para rematar coa crispación na campaña

O candidato de BNG considera que coa actitude que están mantendo estas dúas forzas deslexitímanse para liderar o goberno da cidade
O candidato do BNG amosou a súa preocupación polo nivel de crispación aos que se está chegando nesta campaña electoral e o bochornoso espectáculo que están ofrecendo á cidadanía o Partido Popular e o PSOE ao redor dunha cuestión tan fundamental para a cidade como é o urbanismo. Santi Domínguez sinalou en rolda de prensa que, coa súa actitude, estas dúas forzas políticas se están deslexitimando para liderar o goberno de Vigo. Fixo un chamamento a Corina Porro e Abel Caballero para acadar 'un pacto pola tranquilidade' que poña fin a esta espiral de confrontación e reconduza a campaña ao debate sobre os proxectos e plans que cada formación ten para a cidade. 'Trasmítolles a miña absoluta disposición a sentarnos a falar o tempo que faga falta para chegar a un pacto que permita acabar coas críticas ao adversario e nos leve a falar do que cada un queremos facer co futuro de Vigo. Iso é o que realmente lle interesa aos veciños e as veciñas e diso debe falarse nunha campaña como a que demanda e merece a cidadanía', suliñou. O candidato nacionalista indicou que as persoas que aspiran a ser alcalde ou alcaldesa desta cidade deben ir por diante do que piden os cidadáns e, por iso, 'temos que actuar coa debida templanza se non queremos perder o tren do futuro'. Santi Domínguez dixo que 'a veciñanza está xa farta deste bochornoso espectáculo que nos están ofrecendo o PP e o PSOE. Os insultos e as críticas persoais non fan ben a esta cidade'. O candidato do BNG engadiu que non lle estranaba que 'os cidadáns digan que non cren na clase política, porque con espectáculos como os que están dando quen perde é a cidade'. É por iso que pediu 'por enésima vez que non se xogue con esta cidade' e que se deixe de utilizar algo tan importante para o futuro de Vigo como arma arroxadiza e con intereses electoralistas. Na súa opinión, a cidadanía está tomando moi boa nota de quen está xogando unha batalla electoralista e quen está traballando polo futuro da cidade. O futuro do PXOME de futuro quixo falar o candiato do BNG. Santi Domínguez considera que o PXOM que agora están utilizando PP e PSOE como elemento de enfrontamento vai ser o que se aprobe, antes ou despois das eleccións. 'Este Plan vai ser o que imos ter que desenvolver e, por iso, do que hai quefalar é das ideas que cada forza política ten para xestionalo'. O candidato salientou que o PXOM é só un instrumento que hai que poñer a disposición da cidade construir o seu futuro. Elena Maure, número seis da candidatura e a persoa que no Goberno do Bloque Nacionalista Galego se encargará da área de urbanismo, dixo a este respecto que este Plan Xeral de Ordenación Municipal é un bo instrumento para facer a cidade que o BNG quere. Insistiu en que dependendo da xestión que se faga do plan teresa unha cidade ou outra. 'Este é un bo plan que ten que ter unha boa xestión', precisou. A candidata explicou que para desenvolver o modelo polo que aposta o BNG o Concello de Vigo deberá ter o control da execución do plan. Elena Maure citou como exemplos a necesidade de programar e controlar os prazos de execución ou de asegurar o desenvolvemento das áreas de dificil xestión. Segundo dixo, este control 'vainos permitir control e dirixir o crecemento da cidade e ir establecendo as medidas para cubrir as necesidades que xerará ese crecemento. Coñecendo isto poderemos facer que a cidade medre de xeito sostible'. Elena Maure sinalou que será preciso diversificar as áreas de centralidade e facer que Vigo medre dende as zonas que intresa. Neste senso, referiuse á necesidade de evitar valeiros dentro de áreas centrais, pero tamén impedir que haxa illas de desenvolvemento. O Plan Especial do Casco Vello e o do Ensanche, así como a elaboración dun plan de promoción de vivenda pública en colaboración coa Consellería de Vivenda ou a coordenación cos municipios limítrofes son tamén cuestións que a próxima responsable do urbanismo da cidade considera centrais para o desenvolvemento do PXOM.

XORNADAS MUNICIPAIS DO BNG EN VIGO

Sábado 24, 13.00 horas. Vigo

O BNG celebra mañá, sábado 24 en Vigo unhas xornadas municipais especialmente dirixidas a candidatos, candidatas e responsábeis de campaña da provincia de Pontevedra, e abertas a toda a militancia. O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, terá unha intervención aberta aos medios.

DÍA: 24 Febreiro

HORA: 13.00 horas

LUGAR: Sala de conferencias do Centro Social Caixanova. Policarpo Sanz, 26. Vigo.

ASUNTO: Xornadas municipais da provincia de Pontevedra

FALARÁ: Francisco Jorquera, coordenador executivo.

Entrevista en EXCLUSIVA para GALIZA SOSEGO de outro militante destacable do BNG pertencente a AGAI.

Antes de nada, indicar que a única forma de conseguir a entrevista foi garantindo de forma excepcional o anonimato absoluto do entrevistado. O único dato que permitímonos dar, é que é un destacado membro do BNG e non é da Comarca de Vigo. Isto é unha mostra mais da intolerancia na que a UPG quere impoñer no BNG.

Señor, antes de nada, agradecerlle moitísimo que brindara a GALIZA SOSEGO a oportunidade de entrevistalo.

Non hai de qué; é un pracer.

A primeira pregunta é obrigada, por que quere gardar o anonimato?

En primeiro lugar case debería pedir desculpas por respostar a esta entrevista dende o anonimato. Calquera podería exixirme que dera a cara á hora de expresa-las miñas opinións, e de feito é algo que fago sempre. Sen embargo, no tema de Israel a experiencia fíxome ser prudente.

Eu milito no BNG posto que me considero nacionalista e de esquerdas, e polo tanto é obvio que comparto gran parte do discurso desta formación política. Sen embargo, por desgracia os meus compañeiros adóitana a ter unha visión moi estigmatizada deste conflicto, do cal non os culpo, pero que me fixo ser reservado á hora de falar deste tema.

Se a actual situación claramente adversa por parte da U.P.G. mudara, vostede sairía a luz, sendo como é un militante de tanta relevancia?

Antes que nada, decir que non me considero un militante especialmente relevante, e de feito, unha das maiores virtudes históricas do BNG é que tódolos militantes estamos ó mesmo nivel, ó marxe da posición social que ocupemos nas nosas vidas privadas. Outra cousa é que algúns de nós acaben, ou acabemos, ocupando determinados postos organizativos ou institucionais, porque así o entendeu democraticamente a asamblea pertinente.

No que respecta ó meu anonimato, lamento ter que decir que a postura da Unión do Pobo Galego, partido de indubidable importancia no evoluir do nacionalismo galego, non favorece para nada que este tema se debata nun ambiente cordial. A súa postura, tamén moi respetable, non se fundamenta tanto en argumentos coma en dogmas. Pódese intentar discutir, é certo, pero teño visto a compañeiros verdadeiramente válidos que caeron no ostracismo logo de ter cuestionado esa algún deses dogmas. Isto foi o que quizais me fixo ser máis reservado, e posiblemente, se eles se relaxasen, podería decir nas asambleas locais o que agora teño que decirlle dende o anonimato.

Que o impulso a participar na fundación Asociación galega de amizade con Israel?

Ó enterarme de que se ía constituí-la asociación entráronme moitas dúbidas sobre o que debería facer. O caso é que simpatizo coa causa do pobo xudeo dende hai tempo, e sempre me desagradou o modo en que os xornalistas amosasn unha visión sesgada do conflicto, ata o punto de que se presenta coma unha caricatura dun conflicto, cos bós por un lado e os malos polo outro.

Sen embargo, os motivos que antes expuxen facíanme ser reacio a integrarme nela. Logo de moito pensalo, mandei un correo electrónico no que preguntaba se podería ser membro sen ter que saír á luz pública. Dende a asociación respondéronme que era posible, xa que os listados de asociados non tiñan porqué facerse públicos. Daquela, decidín da-lo paso.

É coñecedor da problemática pola que está a pasar o Presidente da Asociación promovida pola U.P.G. dentro do B.N.G.?

Desgrazadamete sí. Nunha conversa a través do correo electrónico co Presidente da nosa asociación pregunteille se non tiña medo a represalias, e el respondeume que, anque contaba con que non ía sentar moi ben, confiaba en que o dereito á discrepancia recollido nos estatutos acabase imperando sobre a opinión que un grupo de militantes tivera ó respecto. Non foi así, a U impuxo o seu criterio por riba dos estatutos do Bloque.

Que pensa diso?

De entrada, sentinme profundamente sorprendido. Non concibía que foran a levar a cabo algo así, non nos tempos que corren. Logo, a sorpresa dou paso a unha indignación difícil de describir. Digamos que a indignación de ver algo que creían afortunadamente desterrado. Foi coma se, de súpeto, se lle quitase o dereito o voto ás mulleres. Unha conquista das democracias, como é a liberdade de opinión, que de súpeto se ve restrinxida arbitrariamente.

Considera que a non banalización ou inclusive a negación do holocausto sufrido polos xudeus é un motivo de expulsión do B.N.G.?

A resposta é evidente. Salvagarda-la lembranza da Shoá, que é coma os xudeos prefiren denominar ó que nós coñecemos coma Holocausto, é un acto de xustiza básico co que debera concordar calquera ser humano.

É expresar publicamente unha forma de ver as cousas distinta a como a sociedade actual esta acostumada a velo?

Se algo caracteriza ós tempos que corren é xusto a facilidade coa que podemos expresar libremente o que pensamos. Actualmente, sobre todo a través de internet, calquera pode expresar libremente o que pensa, e non só está mal visto, senón que eu diría que é o feito máis significativo dos nosos tempos.

A decisión da Unión do Pobo Galego só pode entenderse dende a perspectiva de quen no quixo evolucionar conforme o foron facendo os tempos. Repito que a UPG ten unha importancia histórica que ninguén lle vai negar, pero coido que en moitas cousas, coma a súa animadversión ó debate, é significativo de que quedaron, en certas cousas, ancorados nunha época que xa pasou.

É crear foros e mecanismos para facelo?

Así é. De feito, teño a impresión de que estamos a deixar atrás a política, tal e coma se entendía ata agora, posto que os novos medios de comunicación están fomentando algo que a min me gusta moito, que é a “democracia a tempo real”. Todavía hai que perfeccionala, pero o futuro pasa por atender ás demandas dos cidadáns no mesmo instante en que as fai, e para iso a cibernética é a ferramenta axeitada.

Cree vostede que animar a xente demócrata con inquietudes neste tema semellante as súas a formar parte da súa Asociación é motivo de expulsión do B.N.G.?

Rotundamete non.

Falar do inmenso legado cultural xudeu que polo mundo queda e motivo de expulsión do B.N.G.?

A resposta tamén aquí é obvia. Cabería engadir que o feito de que non sexa posible falar de ningún aspecto do mundo hebreo, xa sexa a recuperación do seu idioma, ou a reforestación que acomenteron no deserto sobre o que se asenta, sen reconduci-la conversa á ocupación é unha mostra máis da situación de anormalidade que rodea ó conflicto árabe-israelí.

É rehabilitar o pasado histórico xudeu na Galiza? Deberían botar a canto do B.N.G. ou tamén algún da U.P.G. traballan para a celebración da festa da Historia en Rivadavia?

Se alguén dera ese paso todo o mundo o consideraría unha aberración. Sen embargo, neste caso, hai xente que busca motivos para expulsar a Gómez-Valadés que ben podería adecuarse ó que fai algunha das cousas que fai esa xente. Así, o groso da labor da AGAI son labores culturais e non de carácter político, que tamén.

Quere engadir algunha ultima cousa Señor?

Soamente agradar que a UPG recapacite e retire a tempo esta aberración, que só contribúe a debilita-la imaxe do BNG, amosándoa coma unha organización onde a pluraliade se castiga deste xeito.

Agradecerlle moi sinceramente a entrevista e esperemos que as circunstancia muden o suficiente coma para que os xudeus saiga do acocho para poder vivir en igualdade de dereitos e deberes que calquera cidadán. Que o que pasou na Alemaña nazi non se volva a repetir. Moitas grazas.

GzS

ANXO QUINTANA DESTACA EN TOMIÑO O APOIO DO GOBERNO GALEGO AOS SERVIZOS SOCIAIS, NA PRESENTACIÓN DE SANDRA GONZÁLEZ, CANDIDATA NACIONALISTA Á ALCALDÍA


A candidata nacionalista presenta un BNG “preparado para resolver os problemas dos veciños e responsábel cando o pobo nos confía o goberno”

“Desde que o nacionalismo está na Xunta de Galiza, o goberno galego preocúpase polos servizos sociais, por crear residencias públicas para os anciáns, centros de día e garderías, porque o Partido Popular deixou este país nun absoluto subdesenvolvemento nos aspectos de benestar social”, afirmou o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, no acto de presentación de Sandra González, candidata á alcaldía de Tomiño, que tivo lugar na Casa da Cultura deste concello.

Quintana criticou ao goberno municipal tomiñés por non adherirse ao Consorcio Galego de Servizos Sociais, e afirmou que “hai que rematar cos gobernos que se guían pola lóxica da confrontación, e que pensan antes en desgastar ao goberno que nos seus veciños”. “Se na próxima lexislatura hai un goberno municipal encabezado polo BNG e por Sandra González, será moito máis fácil para a Xunta facer políticas de benestar, facer políticas de igualdade, apoiar o medio rural, a cultura e os sectores produtivos e apostar, en xeral, por servizos públicos de calidade”, sostivo.

“Os veciños de Tomiño son conscientes de que é posible o cambio. E é necesario que este cambio político estea liderado polo BNG, que presenta unha lista renovada, unha lista encabezada por unha muller que coñece o seu concello e que xa estivo traballando na oposición”, dixo o vicepresidente da Xunta.

Por último, Quintana resaltou que “cando o BNG goberna nun concello, o concello é de todos, e non propiedade particular do alcalde de turno” e chamou aos cidadáns a comprometerse co proxecto nacionalista para renovar un concello “no que xa leva demasiado tempo a mesma persoa”.

Discurso de Sandra González

“Os anos difíciles nos que ir nunha lista do Bloque significaba quedar marcado quedou atrás. Grazas aos que naquela época non se amilanaron e deron a cara hoxe somos unha forza política de goberno; unha forza política construtiva; preparada para resolver os problemas que preocupan aos veciños e veciñas, e responsábel cando o pobo nos confía o seu goberno”, afirmou a candidata nacionalista.

González comprometeuse a dotar de saneamento ás parroquias rurais e a completar o abastecemento de auga potábel nos núcleos urbanos. Así mesmo, propuxo adaptar o actual PXOUM para “favorecer un crecemento ordenado e crear núcleos con espazos verdes para as familias, respectando o medio rural”.

Tamén afirmou que xestionará a construción dun centro de día; dunha biblioteca municipal e dunha piscina, así como rematar o polígono industrial para favorecer a creación de emprego. Sandra González destacou que ao outro lado da “raia”, en Vilanova de Cerveira, “dispoñen dun urbanismo ordenado e de servizos dos que nós carecemos. Por que alí é posíbel e aquí non?”.


quinta-feira, fevereiro 22, 2007

CARTA ABERTA DE ARTISTAS BRASILEIROS SOBRE A DEVASTAÇÃO DA AMAZÔNIA

Acabamos de comemorar o menor desmatamento da Floresta Amazônica dos últimos três anos: 17 mil quilômetros quadrados. É quase a metade da Holanda. Da área total já desmatamos 16%, o equivalente a duas vezes a Alemanha e três Estados de São Paulo. Não há motivo para comemorações. A Amazônia não é o pulmão do mundo, mas presta serviços ambientais importantíssimos ao Brasil e ao Planeta. Essa vastidão verde que se estende por mais de cinco milhões de quilômetros quadrados é um lençol térmico engendrado pela natureza para que os raios solares não atinjam o solo, propiciando a vida da mais exuberante floresta da terra e auxiliando na regulação da temperatura do Planeta.

Depois de tombada na sua pujança, estuprada por madeireiros sem escrúpulos, ateiam fogo às suas vestes de esmeralda abrindo passagem aos forasteiros que a humilham ao semear capim e soja nas cinzas de castanheiras centenárias. Apesar do extraordinário esforço de implantarmos unidades de conservação como alternativas de desenvolvimento sustentável, a devastação continua. Mesmo depois do sangue de Chico Mendes ter selado o pacto de harmonia homem/natureza, entre seringueiros e indígenas, mesmo depois da aliança dos povos da floresta “pelo direito de manter nossas florestas em pé, porque delas dependemos para viver”, mesmo depois de inúmeras sagas cheias de heroísmo, morte e paixão pela Amazônia, a devastação continua.

Como no passado, enxergamos a Floresta como um obstáculo ao progresso, como área a ser vencida e conquistada. Um imenso estoque de terras a se tornarem pastos pouco produtivos, campos de soja e espécies vegetais para combustíveis alternativos ou então uma fonte inesgotável de madeira, peixe, ouro, minerais e energia elétrica. Continuamos um povo irresponsável. O desmatamento e o incêndio são o símbolo da nossa incapacidade de compreender a delicadeza e a instabilidade do ecossistema amazônico e como tratá-lo.

Um país que tem 165.000 km2 de área desflorestada, abandonada ou semi-abandonada, pode dobrar a sua produção de grãos sem a necessidade de derrubar uma única árvore. É urgente que nos tornemos responsáveis pelo gerenciamento do que resta dos nossos valiosos recursos naturais.

Portanto, a nosso ver, como único procedimento cabível para desacelerar os efeitos quase irreversíveis da devastação, segundo o que determina o § 4º, do Artigo 225 da Constituição Federal, onde se lê:

"A Floresta Amazônica é patrimônio nacional, e sua utilização far-se-á, na forma da lei, dentro de condições que assegurem a preservação do meio ambiente, inclusive quanto ao uso dos recursos naturais"

Assim, deve-se implementar em níveis Federal, Estadual e Municipal A INTERRUPÇÃO IMEDIATA DO DESMATAMENTO DA FLORESTA AMAZÔNICA. JÁ!

É hora de enxergarmos nossas árvores como monumentos de nossa cultura e história.

SOMOS UM POVO DA FLORESTA!

Faga Clic no titular da nova e asine o manifesto.

COMUNICADO DO COLECTIVO HETAIRA

Ante as conclusións ás que chegou a Comisión Mixta dos Dereitos da Muller do Congreso dos Deputados en relación ao tema da prostitución, o colectivo Hetaira (Colectivo en Defensa dos Dereitos das Prostitutas) quere manifestar:


Que lamentamos profundamente devanditas conclusións xa que deixan totalmente desprotexidas ás mulleres que exercen a prostitución e reafirman a vulneración de dereitos ás que hoxe están sometidas.

Que, tal e como o manifestamos reiteradamente as Asociacións que temos coñecemento directo do tema, a loita eficaz contra a trata de mulleres con fins do comercio sexual só é posible si se diferenza claramente a prostitución voluntaria, que debe ser recoñecida legalmente, da prostitución forzada que debe ser perseguida. Así o recoñece tamén o Informe da Unidade Técnica de Policía Xudicial da Garda Civil elaborado en 2004.

Que as conclusións ás que chegou a Comisión están altamente prexuizadas e ideolóxizadas e non teñen en conta a realidade concreta das persoas traballadoras do sexo.

Malgastouse o diñeiro público e o tempo de todas as persoas que pasaron pola Comisión para intentar xustificar unhas conclusións que estaban tomadas antes de que a Comisión empezase os seus traballos: así o demostran as declaracións dos membros do PSOE e do PP cando se constituíu a Comisión que coinciden ao cento por cento co que foi aprobado.

Asómbranos a terxiversación que se fai dos artigos 9 e 14 da Constitución para negar a consideración da prostitución como un traballo, cando eses mesmos artigos serven para recomendar xustamente o contrario: a necesidade de que se acabe coa discriminación que sofre este sector de traballadoras polo feito de ofrecer servizos de carácter sexual. A ideoloxía discriminatoria que xulga ás mulleres en función do seu comportamento sexual segue presente nas conclusións da Comisión.

Preocúpanos especialmente que un sector do feminismo en nome da dignidade das mulleres en abstracto negue a dignidade das mulleres que queren seguir exercendo voluntariamente a prostitución, facendo invisibles e desconsiderando os seus dereitos como traballadoras. Neste sentido non está de máis recordar que neste país tivemos unha lexislación abolicionista baixo o franquismo e que a Lei que se promulgou en 1956 para erradicar a prostitución aludía no seu preámbulo á dignidade das mulleres.

Desde Hetaira esperamos que o sentido común prevaleza e reiteramos a nosa vontade de seguir loitando por que se garantan os dereitos de todas as persoas que exercen a prostitución. Neste camiño parécenos fundamental o recoñecemento da prostitución como un traballo que tamén é exercido de xeito voluntario e o consecuente recoñecemento de dereitos que se derivan diso.

HETAIRA (Colectivo en Defensa dos Dereitos das Prostitutas).

O BNG LOGRA QUE A LEI ESTATAL DO SOLO CONTEMPLE AS SINGULARIDADES DE GALIZA AO RECOÑECER O SOLO DE NÚCLEO RURAL

Os nacionalistas galegos logran que a lei recoñeza e se adapte ás peculiaridades dos asentamentos de poboación en Galiza e que se respeiten as competencias da Comunidade Autónoma


O BNG ven de lograr que a Lei Estatal do Solo recoñeza as singularidades de Galiza ao conseguir introducir no proxecto de Lei unha disposición adicional na que se recolle o solo de núcleo rural como unha clase de solo específica de Galiza e unha emenda para que a lexislación estatal respeite e sexa compatíbel coas competencias das Comunidades Autónomas nesta materia.

En concreto, os nacionalistas galegos conseguiron transaccionar co PSOE unha disposición adicional pola que se a Lei do Solo contempla o “recoñecemento e adaptación da Lei ás peculiaridades dos asentamentos en Galiza”.

A este respeito, o solo de núcleo rural, recollido na vixente lexislación urbanística galega como unha clase de solo específica de Galiza, terá a consideración e equivalerá ao solo urbano no que concerne á lexislación estatal que se lle aplique.

En segundo lugar, esta disposición adicional introducida polo BNG establece que, “dadas as peculiaridades do asentamento poboacional en Galiza, entenderase que nesa Comunidade Autónoma e aos efectos desta lei, os solos aos que lles se de aplicación o réxime de solo urbano consolidado ou o réxime proprio do solo de núcleo rural, se encontren incluídos ou equiparados á situación básica do solo urbanizado, definida no artigo 12, con excepción daqueles solos incluídos en polígonos ou ámbitos de execución sistemática suxeitos a procesos de equidistribución”.

Ademais, o BNG conseguiu que a Lei Estatal recoñeza e respeite a ordenación e a clasificación urbanística que establezan as Comunidades Autónomas en exercicio das súas competencias na materia e atendendo ás súas peculiaridades socioeconómicas.

Francisco Rodríguez xustifica a inclusión desta emenda na necesidade de a Lei Estatal non cree problemas de coexistencia ou disfuncións coa lexislación urbanística galega, que si recoñece as peculiares formas de asentamento de poboación en Galiza.

ANXO QUINTANA INTERVIRÁ NA PRESENTACIÓN DE SOCORRO CEA, CANDIDATA Á ALCALDÍA DE MELIDE

Venres 23, 21.00 horas. Melide

A presentación pública de Socorro Cea, candidata á alcaldía de Melide terá lugar mañá, venres 23. Intervirá o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana.

DÍA: 23 Febreiro

HORA: 21.00 horas

LUGAR: Hotel Carlos 96. Avenida de Lugo, nº 119. Melide

ASUNTO: Presentación municipais 2007

FALARÁN: Anxo Quintana, portavoz nacional do BNG. Socorro Cea, candidata á alcaldía de Melide. Presentan Xaime Bello e Concha Castro.

A U.P.G. ten a decisión tomada.

Segundo varias fontes ven informadas, o Comité Central da U.P.G. xa ten acordada e votada a expulsión do compañeiro do B.N.G. presidente da A.G.A.I, non se esta seguro se o Comité Comarcal xa ten decisión o ríspeto, mais as fontes apuntan no mesmo sentido.

Na Executiva Comarcal do B.N.G. de onte, no se introduzo ningún punto do día relacionado con ese asunto aducindo a gravidade do tema Gondomar, trala insistencia reiterada do compañeiro ao que lle queren abrir o expediente de expulsión; por parte da responsable comarcal, e tras observar a gran cantidade de faltas de asistencia que farían perder calquera tipo de votación, asegurouse que se lle prorrogaba o prazo de reflexión para que abandonara a AGAI de 15 días a un mes, e que logo na primeira executiva xa se vería o tema e se fora afirmativo se pasaría ao primeiro Consello Comarcal posible para a súa ratificación. Ou incluso a Asemblea Comarcal para o seu debate. Claro que todo isto seria xa DESPOIS DAS ELECIÓN MUNICIPAIS. A intención parece clara. Ao compañeiro o botan, iso non hai dubida, mais non queren que o tema interfira nas Eleccións Municipais.

Co sinxelo que seria desestimar o tema e esquecelo e ter a toda a militancia pendente das Eleccións. Pois parece que no, a U.P.G. non ten ningún reparo en ter a xente distraída con estas lerias, (con campañas de sensibilización da militancia, con intervencións constantes nos medidos de comunicación, coa utilización por parte da oposición do tema como arma electoral, con rodas de prensa, con comunicados, con desmentido, con...) e si logo os resultados electorais non son os esperados, ter por riba un cabeza de turco ao que votarlle as culpas.

Sexa como fora, a UPG xa o ten decidido, e si para iso cargase a campaña electoral do BNG, para quitar do medio unha persoa tradicionalmente tan critica con o aparato oficial dirixido dende a UPG en Vigo, non teñen escrúpulos ningúns en facelo. De feito xa o están a facer.

Dende Compostela, onde poderíamos chegar a crer que isto podería pararse cunha chamada de telefono, todo o contrario, botan mais leña ou fume. Se na UPG de Vigo o resultado electoral nas municipais de Vigo impórtalles un carrallo, que lles vai a importar aos de Compostela?

GALIZA SOSEGO

quarta-feira, fevereiro 21, 2007

CUESTIÓN DE PRINCIPIOS

Un dos princípios ideolóxicos definitorios do BNG desde a súa fundación é o da Auto-organización. Dada a sua importancia, ocupa o 4º lugar dentre os principios da Frente patriótica para a liberación nacional e social da Galiza.

Pois ben, estes dias desde a UPG estase a facer unha caza ás bruxas propria dos tempos do macartismo contra o militante de Vigo Pedro Valadés pola súa presunta e discutíbel violación do 6º principio, o Anti-imperialismo. O delito dese militante: participar como promotor dunha asociación galega de amizade co povo de Israel (estado constituído no seu dia co apoio da URSS no Consello de Seguranza das Nacións Unidas).

Porque esta referencia aos principios de Auto-organización e Anti-imperialismo do BNG? En primeiro lugar porque ocupan unha escala xerárquica distinta, ocupando o da Auto-organización un lugar preferente.

Vexamos como son definidos un e outro:

"4.AUTO-ORGANIZACIÓN
Consideramos básico o princípio de auto-organización nacional (Sindicatos, partidos, organizacións de masas,...) para defender adecuadamente os intereses da nación galega, rexeitando toda clase de colonialismo político de calquer tendéncia ideolóxica".

"6.ANTI-IMPERIALISMO
Para a nosa política, dirixida á consecución de unha Galiza liberada, é chave o princípio de anti-imperialismo militante, polo que a Organización define-se pola solidariedade internacional e apoia todas as loitas dos povos do Estado e do Mundo para conseguir a sua liberación nacional. Polo tanto, somos contrários á CE e á OTAN por ser organizacións, a nivel económico e político-militar, que representan os intereses dos grandes monopólios e do imperialismo europeu-ocidental americano".

Para alén de ser discutíbel a violación dese principio do anti-imperialismo nunha cuestión da política internacional como esta, os xerifaltes comarcais da UPG -co visto bon dos coroneis do Comité Central- pretenden incoar un expediente de expulsión a un militante pasando por riba doutros principios organizativos do BNG como é o Pluralismo Político e a Liberdade de Expresión.

Pois ben, se esa é a estratexia da UPG para o novo tempo político, estes guardiáns da fe deberían aplicarse a xerarquia deses Princípios Políticos estratéxicos e comezar a incoar expedientes de expulsión a todo/a militante, cargo orgánico-institucional nacionalista que, por exemplo, sexa membro ou delegado sindical de CC.OO. e UGT ou socio de Greenpeace ou Amnistia Internacional.

Unha vez purificados destes "cancros" virian os que recorren ocasionalmente ao uso do español nas suas relacións sociolaborais (os Estatutos din que é deber dos militantes unha práctica comprometida coa língua galega), seguido dos practicantes do catolicismo (outra institución imperialista),...

Demencial.

Asdo. Xavier Uxío Painho Pintos Gonçalves.