terça-feira, fevereiro 06, 2007

6 de Febreiro: Día Mundial de Tolerancia Cero contra a Mutilación Xenital Feminina

Elena Valenciano: "Debemos acabar cunha tradición brutal que só comporta dor e morte para as mulleres"
Uns 130 millóns de mulleres e nenas en todo o mundo son condenadas inxustamente a vivir -só por razón do seu sexo- cunha marca terrible: a mutilación dos seus órganos xenitais. Chad, Somalia, Malí, Sudán, Burkina Faso, Senegal, Gambia, Kenia e Costa de Marfil son exemplos de países onde máis do 90% das mulleres sofren esta mutilación.

Ao menos 15 países africanos teñen ratificado xa o Protocolo de Maputo, polo cal decláranse dispostos a eliminar todas as prácticas nefastas que atentan contra os dereitos humanos das mulleres. En concreto, comprométense a adoptar leis e establecer sancións para condenar todas as formas de mutilación xenital feminina.

"É un atentado gravísimo á integridade das mulleres e nenas, a súa saúde física e psíquica, e a súa liberdade" declara a portavoz socialista de Dereitos Humanos no Parlamento Europeo, Elena Valenciano, recórdanos que cada minuto que pasa catro nenas son mutiladas.

Un recente estudo da OMS demostrou que a ablación é a segunda causa de infección do virus do SIDA entre as nenas africanas. "Debemos acabar cunha tradición brutal que ningunha motivación de natureza cultural ou relixiosa pode xustificar e que só comporta dor, infeccións, problemas no parto e morte para as mulleres", engade a eurodeputada hespañola.

Valenciano insiste en que a mutilación xenital non é só un problema africano, sino que estamos diante dunha das formas de violencia de xénero que viaxou cos colectivos de inmigrantes e que obrigaron ás sociedades europeas a lexislar contra ela. "Os Estados membros teñen que adoptar todas as medidas informativas, preventivas, penais, administrativas e sociais para facer fronte a esta práctica", conclúe.

Sem comentários: