sábado, fevereiro 17, 2007

Actos do BNG

O portavoz nacional, Anxo Quintana, acudirá aos seguintes concellos para participar nos actos de presentación dos candidatos nacionalistas:

-A Porqueira: Presentación de Xosé Manuel Pérez Bouza. Sábado 17 ás 16.00 horas, na casa do Concello.

-Tomiño: Presentación de Sandra González. Xoves 25 ás 20.30, na Casa da Cultura.

-Melide: Presentación de Socorro Cea. Venres 26 ás 21.00 horas, no Hotel Carlos 96.


Ademais, haberá actos de presentación nas seguintes localidades.

-Mondariz: Falarán o candidato, Xan Carlos Montes, e Xosé Manuel Beiras. O sábado 17, ás 20.00 horas, no Centro Social.

-A Pontenova: Con intervención do candidato, Xosé Luís Guitiérrez Rivas e do deputado Manuel Parga. Domingo 18 ás 22.00, no Hotel San Briz.

-Bergondo: Falarán o candidato, Manuel Parga, e Carlos Aymerich. O xoves 22, ás 20.30, na Casa da Cultura.

-Foz: Falarán Francisco Jorquera e o conselleiro Fernando Blanco, xunto co candidato, Xoán Carlos González Basanta . O venres 22, ás 21.30 no Hotel Leitón.

-Salvaterra de Miño: Falará o candidato, Gabriel Martínez González, ademais da conselleira Teresa Táboas e Roberto Mera, secretario de Política Municipal. O venres 22 ás 20.30, na Casa da Cultura.

Sem comentários: