quinta-feira, fevereiro 08, 2007

Caricaturas: solicitada liberdade por el fiscal para Chalie Hebdo.

Le Monde

“É un xuízo doutra época. Nun estado secular, ningunha relixión ou ideoloxía está por encima da lei. Cando a relixión fai a lei, rózase o totalitarismo”. Nicolas Sarkozy, ministro do Interior francés e candidato da dereita nas próximas eleccións presidenciais, converteuse tamén no protagonista do xuízo que comezou onte en Paris contra un semanario satírico por publicar tres caricaturas do profeta Mahoma. Charlie Hebdo presentou ante o tribunal unha carta de respaldo de Sarkozy na que asegura: “Prefiro un exceso de caricaturas que a ausencia delas”.

Os intelectuais sumáronse ao escenario. Para eles, o xuízo que se abre no Tribunal Correccional de Paris é de "extrema importancia", advirten os asinantes, entre os que se atopan os escritores Taslima Nasreen e Michel del Castillo, os filósofos Elisabeth Bandinter e Bernard-Henri Lévy ou o debuxante René Pétillon. Reclaman "o dereito a poder criticar a todas as relixións sen excepción", ata neste contexto xeopolítico no que moitos incitan á "prudencia".

A liberdade de expresión e o laicismo "necesitan ser reafirmados máis que nunca", subliñan, ao destacar que os "*demócratas do mundo enteiro, especialmente os musulmáns, esperan atopar en Europa e en Francia en especial un espazo laico onde a palabra non estea trabada pola ditadura nin o integrismo".

Sem comentários: