sábado, fevereiro 17, 2007

CIG-Ensino condena o veto da Asociación Amigos de la Ópera ao intérprete Pedro Fernández Roque

Recrimina a actitude sectaria da súa presidenta, Natalia Lamas

A CIG-Ensino condena o veto imposto por Natalia Lamas, presidenta da Asociación de Amigos de la Ópera de A Coruña, ao pianista Pedro Fernández Roque para participar no concerto previsto para o día 16 de febreiro no Teatro Colón da cidade herculina, con motivo do 400 aniversario da ópera.


Fernández Roque é un pianista de sobrado prestixio que preside a Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica (ASGAIM). Nos últimos tempos veu acompañando a soprano Teresa Novoa, que si participará no recital do Colón, en concertos por diferentes puntos do Planeta, como Brasil, Cuba, París ou Pamplona. Ademais, Fernández Roque interpretou o piano nos dous últimos recitais que esta soprano deu en A Coruña, nomeadamente no Museo de Belas Artes.

Segundo informa o propio Pedro Fernández Roque, a condición imposta por Natalia Lamas para que se celebrase o concerto do día 16 de febreiro coa presenza da soprano Teresa Novoa foi que el mesmo non a acompañase ao piano.

A CIG-Ensino solidarízase co pianista e recrimínalle á Asociación de Amigos de la Ópera as súas actitudes sectarias, no canto de promocionar os magníficos intérpretes que ten o noso País.

http://www.galizacig.com/actualidade/200702/cig_ensino_condena_veto_pedro_fernandez_roque.htm

Sem comentários: