sexta-feira, fevereiro 09, 2007

Comunicación política da Alcaldesa de Vigo

GALIZA SOSEGO

No día de hoxe recibo non meu domicilio particular un escrito dirixido pola Alcaldesa de Vigo, Sra. Dª Corina Porro Martínez, na cal se relatan con sumo detalle todas as iniciativas que tiña pesado facer, se a oposición que ten non concello non llelas botara abaixo ao non aprobar os orzamentos para o 2007.

1. A comunicación por parte da Alcaldía non é administrativa. É unha notificación exclusivamente política e para iso estase a usar cartos públicos e loxística publica.

2. Os demais grupos municipais seguro que non teñen aceso a loxística postal do Concello de Vigo, e moito menos aos cartos públicos, para explicar os motivos polo que o seu voto foi en contra ou se estiveron na votación para os orzamentos do 2007.

3. É a primeira vez que eu recorde que unha ou un alcaldesa ou alcalde diríxese directamente aos cidadáns utilizando o nome do Concello de Vigo, para atacar publicamente a oposición nun panfleto de carácter exclusivamente político e informativo partidario. No documento en cuestión non se fai ningunha referencia ao motivo polo que o resto dos grupos tiveron outra postura, lexitima ou non, que no raciocinio do cidadán esta a capacidade de discernir.

4. Recomendo que a Alcaldesa abone do seu peto os gastos ocasionados coa misiva e comprométase pública e formalmente ao non utilización pola súa parte dos datos persoais dos cidadáns dispoñibles nas bases de datos do concello para usos non debidos.

5. No caso de non poder cumprir co punto anterior, permítaselles aos demais grupos municipais as mesmas facilidades económicas e loxísticas para refutar a carta da Alcaldesa.

GALIZA SOSEGO

Sem comentários: