terça-feira, fevereiro 13, 2007

Comunicado dos C.A.E.

Os Comités Abertos de Estudantes da Comarca da Coruña convocan, xunto coa organización Galiza Nova, un paro estudantil para o vindeiro día 15 de febreiro a partir das 12:00 horas para mostrar a nosa condena e repulsa aos acontecementos de presunto acoso do director do Instituto PP. Franciscanos a vari@s alumn@s do centro.
Segundo informacións que recibiron os CAE por parte de vari@s alumn@s do citado centro, a presunta retaíla rutinaria de insultos, descualificacións e desprezos do director cara os alumnos, pasou a hai unhas semanas a termos maiores. Segundo as mesmas fontes, o director chegou a agredir fisicamente a un rapaz e a unha rapaza, extremo negado pola dirección do centro.
Mais as probas cantan e sinalan ao director como auténtico e único culpábel até o extremo de que un dos agredidos ten no seu poder un certificado médico que aproba as citadas agresións. Por outra parte a lei do silencio instaurouse no instituto. A maioría de alumn@s néganse a falar por medo a posíbeis represalias. Até incluso que persoas agredidas ou testemuñas das agresións teñen prohibido falar destes temas.
É inconcibíbel calquera tipo de agresións, e menos nun centro de ensino que ten q ser un lugar apacíbel de estudo e expansión da mocidade e non de temor ou agresións.
Os C.A.E. e Galiza Nova organizan ese mesmo día ás 13:00 horas da mañá unha concentración en repulsa das presuntas agresións citadas. Será diante dos instituto dos PP Franciscanos, sito na avenida Calvo Sotelo, a carón da Igrexa dos Franciscanos preto do Estadio de Riazor.
Pretendendo que sexa unha concentración de gran calado social, pedimos a toda a comunidade educativa a súa asistencia á mesma. Pois somos nós, o conxunto do estudantado os que temos que saír na defensa dos nosos compañeiros agredidos. En mostra de solidariedade cos compañeiros agredidos e en de repulsa polas agresións animamos á participación de todo o estudantado na mobilización.
Asdo. CAE

Sem comentários: