quinta-feira, fevereiro 01, 2007

David Giráldez repetirá como candidato do BNG á alcaldía

(La voz de Galicia /Nigrán)

A asemblea local do BNG de Nigrán, nunha reunión celebrada na noite do pasado martes, acordou por unanimidade elixir a David Giráldez Fernández como candidato á alcaldía de Nigrán nas próximas eleccións municipais do 27 de maio. As principais razóns que tivo en conta a asemblea dá agrupación nacionalista para a elección de David Giraldez como candidato á alcaldía foron «a súa capacidade e preparación política, a súa valiosa experiencia e coñecemento que ten dá administración municipal e a claridade de ideas na defensa dun proxecto municipal de progreso para Nigrán».

David Giráldez aceptou a elección e manifestou «que ten a ilusión, as ganas e as forzas necesarias para afrontar este gran reto que vai supoñer as vindeiras eleccións municipais e que co esforzo de todos terminarase coa ineficacia e mediocridade do goberno municipal do Partido Popular».

Sem comentários: