quarta-feira, fevereiro 21, 2007

"É delirante, isto parece unha secta"


"PEDRO GÓMEZ-VALADÉS, PRESIDENTE DE AGAI E DIRECTIVO COMARCAL DO BNG."
"Estanme xulgando por un delito de opinión, como no franquismo".
P. M. A Coruña.

Gómez-Valadés leva máis de dez anos militando no BNG e catro como responsable da Comisión de Cultura e Lingua na comarca de Vigo. Pero ten claro que por riba desta carreira nacionalista está o seu "dereito particular" de "formar parte de calquera asociación", incluida AGAI.

-Que pensa facer se segue adiante o expediente de expulsión na súa contra?

-Baixo ningún concepto penso renunciar á presidencia de AGAI, todo isto demostra que a asociación é máis necesaria ca nunca. E se fai falta, recurrirei á Executiva Nacional. Ademais, o BNG non ten nada escrito sobre a súa postura oficial no conflito do Medio Oriente, pero aínda que fose así, o que si que recollen os estatutos do partido é o dereito a discrepar en público.

-Como interpreta esta medida, responde ás loitas internas polo poder no BNG?

-É delirante, un verdadeiro despropósito que non lle fai ningún ben ao partido, menos aínda en vésperas das municipais. O problema é que na UPG confunden o seu partido con todo o Bloque, e queren impoñerlle a todo o mundo a súa "pureza ideolóxica", como unha secta. É que me están xulgando por un delito de opinión, como se fose o franquismo.

-Cales son obxectivos de AGAI?

-Non somos antipalestinos, non me canso de dicir que AGAI está por unha convivencia pacífica dos dous Estados e polo diálogo como vía para resolver o conflito.

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=92487&pIdSeccion=4&pNumEjemplar=2311&pIdNoticia=92487&pIdSeccion=4&pNumEjemplar=2311&pIdNoticiaOriginal=92486&pIdSeccionOriginal=4

Sem comentários: