sexta-feira, fevereiro 23, 2007

Entrevista en EXCLUSIVA para GALIZA SOSEGO de outro militante destacable do BNG pertencente a AGAI.

Antes de nada, indicar que a única forma de conseguir a entrevista foi garantindo de forma excepcional o anonimato absoluto do entrevistado. O único dato que permitímonos dar, é que é un destacado membro do BNG e non é da Comarca de Vigo. Isto é unha mostra mais da intolerancia na que a UPG quere impoñer no BNG.

Señor, antes de nada, agradecerlle moitísimo que brindara a GALIZA SOSEGO a oportunidade de entrevistalo.

Non hai de qué; é un pracer.

A primeira pregunta é obrigada, por que quere gardar o anonimato?

En primeiro lugar case debería pedir desculpas por respostar a esta entrevista dende o anonimato. Calquera podería exixirme que dera a cara á hora de expresa-las miñas opinións, e de feito é algo que fago sempre. Sen embargo, no tema de Israel a experiencia fíxome ser prudente.

Eu milito no BNG posto que me considero nacionalista e de esquerdas, e polo tanto é obvio que comparto gran parte do discurso desta formación política. Sen embargo, por desgracia os meus compañeiros adóitana a ter unha visión moi estigmatizada deste conflicto, do cal non os culpo, pero que me fixo ser reservado á hora de falar deste tema.

Se a actual situación claramente adversa por parte da U.P.G. mudara, vostede sairía a luz, sendo como é un militante de tanta relevancia?

Antes que nada, decir que non me considero un militante especialmente relevante, e de feito, unha das maiores virtudes históricas do BNG é que tódolos militantes estamos ó mesmo nivel, ó marxe da posición social que ocupemos nas nosas vidas privadas. Outra cousa é que algúns de nós acaben, ou acabemos, ocupando determinados postos organizativos ou institucionais, porque así o entendeu democraticamente a asamblea pertinente.

No que respecta ó meu anonimato, lamento ter que decir que a postura da Unión do Pobo Galego, partido de indubidable importancia no evoluir do nacionalismo galego, non favorece para nada que este tema se debata nun ambiente cordial. A súa postura, tamén moi respetable, non se fundamenta tanto en argumentos coma en dogmas. Pódese intentar discutir, é certo, pero teño visto a compañeiros verdadeiramente válidos que caeron no ostracismo logo de ter cuestionado esa algún deses dogmas. Isto foi o que quizais me fixo ser máis reservado, e posiblemente, se eles se relaxasen, podería decir nas asambleas locais o que agora teño que decirlle dende o anonimato.

Que o impulso a participar na fundación Asociación galega de amizade con Israel?

Ó enterarme de que se ía constituí-la asociación entráronme moitas dúbidas sobre o que debería facer. O caso é que simpatizo coa causa do pobo xudeo dende hai tempo, e sempre me desagradou o modo en que os xornalistas amosasn unha visión sesgada do conflicto, ata o punto de que se presenta coma unha caricatura dun conflicto, cos bós por un lado e os malos polo outro.

Sen embargo, os motivos que antes expuxen facíanme ser reacio a integrarme nela. Logo de moito pensalo, mandei un correo electrónico no que preguntaba se podería ser membro sen ter que saír á luz pública. Dende a asociación respondéronme que era posible, xa que os listados de asociados non tiñan porqué facerse públicos. Daquela, decidín da-lo paso.

É coñecedor da problemática pola que está a pasar o Presidente da Asociación promovida pola U.P.G. dentro do B.N.G.?

Desgrazadamete sí. Nunha conversa a través do correo electrónico co Presidente da nosa asociación pregunteille se non tiña medo a represalias, e el respondeume que, anque contaba con que non ía sentar moi ben, confiaba en que o dereito á discrepancia recollido nos estatutos acabase imperando sobre a opinión que un grupo de militantes tivera ó respecto. Non foi así, a U impuxo o seu criterio por riba dos estatutos do Bloque.

Que pensa diso?

De entrada, sentinme profundamente sorprendido. Non concibía que foran a levar a cabo algo así, non nos tempos que corren. Logo, a sorpresa dou paso a unha indignación difícil de describir. Digamos que a indignación de ver algo que creían afortunadamente desterrado. Foi coma se, de súpeto, se lle quitase o dereito o voto ás mulleres. Unha conquista das democracias, como é a liberdade de opinión, que de súpeto se ve restrinxida arbitrariamente.

Considera que a non banalización ou inclusive a negación do holocausto sufrido polos xudeus é un motivo de expulsión do B.N.G.?

A resposta é evidente. Salvagarda-la lembranza da Shoá, que é coma os xudeos prefiren denominar ó que nós coñecemos coma Holocausto, é un acto de xustiza básico co que debera concordar calquera ser humano.

É expresar publicamente unha forma de ver as cousas distinta a como a sociedade actual esta acostumada a velo?

Se algo caracteriza ós tempos que corren é xusto a facilidade coa que podemos expresar libremente o que pensamos. Actualmente, sobre todo a través de internet, calquera pode expresar libremente o que pensa, e non só está mal visto, senón que eu diría que é o feito máis significativo dos nosos tempos.

A decisión da Unión do Pobo Galego só pode entenderse dende a perspectiva de quen no quixo evolucionar conforme o foron facendo os tempos. Repito que a UPG ten unha importancia histórica que ninguén lle vai negar, pero coido que en moitas cousas, coma a súa animadversión ó debate, é significativo de que quedaron, en certas cousas, ancorados nunha época que xa pasou.

É crear foros e mecanismos para facelo?

Así é. De feito, teño a impresión de que estamos a deixar atrás a política, tal e coma se entendía ata agora, posto que os novos medios de comunicación están fomentando algo que a min me gusta moito, que é a “democracia a tempo real”. Todavía hai que perfeccionala, pero o futuro pasa por atender ás demandas dos cidadáns no mesmo instante en que as fai, e para iso a cibernética é a ferramenta axeitada.

Cree vostede que animar a xente demócrata con inquietudes neste tema semellante as súas a formar parte da súa Asociación é motivo de expulsión do B.N.G.?

Rotundamete non.

Falar do inmenso legado cultural xudeu que polo mundo queda e motivo de expulsión do B.N.G.?

A resposta tamén aquí é obvia. Cabería engadir que o feito de que non sexa posible falar de ningún aspecto do mundo hebreo, xa sexa a recuperación do seu idioma, ou a reforestación que acomenteron no deserto sobre o que se asenta, sen reconduci-la conversa á ocupación é unha mostra máis da situación de anormalidade que rodea ó conflicto árabe-israelí.

É rehabilitar o pasado histórico xudeu na Galiza? Deberían botar a canto do B.N.G. ou tamén algún da U.P.G. traballan para a celebración da festa da Historia en Rivadavia?

Se alguén dera ese paso todo o mundo o consideraría unha aberración. Sen embargo, neste caso, hai xente que busca motivos para expulsar a Gómez-Valadés que ben podería adecuarse ó que fai algunha das cousas que fai esa xente. Así, o groso da labor da AGAI son labores culturais e non de carácter político, que tamén.

Quere engadir algunha ultima cousa Señor?

Soamente agradar que a UPG recapacite e retire a tempo esta aberración, que só contribúe a debilita-la imaxe do BNG, amosándoa coma unha organización onde a pluraliade se castiga deste xeito.

Agradecerlle moi sinceramente a entrevista e esperemos que as circunstancia muden o suficiente coma para que os xudeus saiga do acocho para poder vivir en igualdade de dereitos e deberes que calquera cidadán. Que o que pasou na Alemaña nazi non se volva a repetir. Moitas grazas.

GzS

2 comentários:

Anónimo disse...

Son militante no BNG, non adscrito a ningun dos partidos que o forman. Non levo moito tempo de militancia, un ano mais ou menos. Non estou dacordo coa expulsion dun militante polas suas ideas, iso vai contra os principios da democracia. Se se leva a cabo a expulsion, eu deixarei de militar no BNG, xa que non quero pertencer a un colectivo non democratico.

Lugués disse...

Non o faga, Anónimo, pase o que pase. Todo é discutible, e mesmo os que opten por tal decisión poden e deben ser convencidos coa palabra.

A maneira de cambiar esas cousas é traballar dentro. Onde desexo que siga Pedro Gómez-Valadés.