terça-feira, fevereiro 06, 2007

Especial Municipais 2007 (IV)

GALIZA SOSEGO
.
Segundo La Voz de Galicia na sua edicion do 06/02/07, a asemblea local do BNG en Salvaterra elixiu por unanimidade a Gabriel Martínez como candidato nacionalista aos próximos comicios municipais. Cabe recordar que xa encabezou a candidatura no 2003, logrando que o seu grupo pasase dun a dous concelleiros na corporación municipal. Martínez é natural da parroquia de Fornelos, ten 40 anos e é inspector de Medio Ambiente no Concello de Vigo. Desde a década dos 90 estivo vinculado a movementos asociativos e comunais, sendo na actualidade directivo do Centro Cultural de Fornelos.

Desde o Bloque consideran que é a persoa que desde a alcaldía de Salvaterra «mellor pode liderar» un novo proxecto, centrado nunha mellora dos servizos.
.
Dende o BNG infórmanos que maña, día 7, O Vicepresidente da Xunta de Galicia e Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, fará a presentación pública de Dominga Brión, candidata á alcaldía de Ribeira na Casa do Mar de Ribeira, as 21:00 h. O acto no que falaran, Anxo Quintana e Dominga Brión, será presentado por Ana Álvarez.

Por outro lado, tamen o Vicepresidente da Xunta de Galicia e Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, arroupará este venres día 9, a Nieves Cando como candidata do BNG á alcaldía de Burela. Será no transcurso dun acto que terá lugar ás 21 horas na antiga praza de abastos nun acto (con cea) que servirá de presentación á candidatura nacionalista. Ademais de Quintana asistirán outros cargos nacionalistas, entre eles o parlamentario Manuel Parga. Os interesados en asistir poden realizar reservas no 699191904.

Sem comentários: