quarta-feira, fevereiro 07, 2007

Especial Municipais 2007 (V)

GALIZA SOSEGO
.
Segundo La Voz de Galicia na sua edición do 07/02/07, os afiliados ao BNG no municipio de Cerdedo elixiron o pasado domingo, nunha reunión á persoa que encabezará a candidatura da formación nacionalista nas eleccións municipais do próximo mes de maio.

Desde fai tempo estábase traballando, con diversos contactos e compromisos, para chegar a esta reunión cun cabeza de lista que gustase a toda a militancia. Ao final, na citada reunión decidiuse que a candidatura está encabezada por Ana Fraga Ramírez, unha moza de 30 anos, solteira, licenciada en Filoloxía Galega e residente actualmente en Ourense, onde traballa, aínda que está moi ligada á vida social e cultural do seu pobo.

Ana Fraga foi socia fundadora do colectivo Espadela, do que é secretaria. Esta asociación organiza cada ano, co apoio do Concello e doutros colectivos, a Festa dá Vincha, ademais de diversas actividades, excursións e cursos. Ana xa figurou na candidatura do BNG fai oito anos, no posto cinco, tendo a Isidro Peleteiro e Dionisio Pereira como dúo de cabeza.

Dous concelleiros no 2003

O BNG obtivo dous concelleiros naquela lexislatura, e outros dous na actual, Manuel Campos e Roberto Vázquez. Ambos xa comunicaron que non poderían repetir nos postos de saída, pero é moi probable que acompañen na lista a Ana Fraga en postos máis baixos. A gran aspiración agora é pasar a tres ou catro concelleiros.

O consello comarcal deberá ratificar en breve a elección de Ana, e despois a executiva nacional.
Os responsables comarcais do BNG mostrábanse onte moi ilusionados e contentos pola elección de Ana Fraga, resaltando o feito de ter na zona a outra muller máis, traballadora e comprometida, de cabeza de lista.


Por outro lado en Salceda, Marcos Besada volverá repetir como candidato do BNG aos comicios municipais de maio, tras referendar o Consello Nacional do partido a proposta da Asemblea Local. Besada, actual portavoz do grupo municipal, conformado por catro concelleiros, ten 32 anos e cursou estudos na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial de Vigo.

Desde o BNG sinalan que co seu liderado pretenden abrir novas liñas de actuación e situar á fronte do goberno municipal a un equipo capacitado para afrontar os importantes retos que afronta a vila. Unha aposta de cambio, sinalan, que pasa por cambiar o actual goberno do PP, cun alcalde que leva 31 anos no cargo, sen un proxecto de futuro para Salceda.

Sem comentários: