domingo, fevereiro 18, 2007

Gabinete de crise en Telecinco: Vasile pide a Globomedia que cambie un capítulo de “Aída” no que Carmen Machi mantiña relacións sexuais cun sacerdote

A orde dos máximos directivos da cadea foi tallante: “así non sae”. Fai uns días, tivo lugar un gabinete de crise en Telecinco, convocado con carácter de urxencia, tras descubrirse que no capítulo do próximo domingo, “Aída” deitábase cun sacerdote.

Trátase dunha de las “xoias da coroa” da programación de Telecinco. De aí a alarma que se creou na cadea de Fuencarral. “Aída” funciona de marabilla e non hai formato da competencia que poida coa serie na que Carmen Machi interpreta a unha muller sufrida, loitadora, nobre pero con moi baixa auto estima.

O pasado domingo, sen ir máis lonxe, máis de cinco millóns e medio de televidentes (e un 30% de share) optaron por seguir as peripecias desta muller separada, non moi atractiva, sen estudos e ex-alcohólica, que se levanta cada mañá con só dous obxectivos: conseguir ao home que a queira a ela e aos seus fillos, e chegar a fin de mes sen ter que recorrer a un prestamista.

Pois ben. Segundo puido saber El Confidencial Digital, a sorpresa dos directivos de Telecinco foi maiúscula cando a finais da semana pasada virón con anticipación o episodio que se ía a emitir este domingo, cando lle foi entregado por Globomedia, a produtora responsable do formato. Nel, Aída decidía manter relacións sexuais cun díscolo sacerdote, que aparecía caricaturizado como un libertino.

Á reunión de urxencia asistiron os principais directivos da casa. E a conclusión foi contundente: “así non sae”. Contactados por Telecinco os responsables da factoría do Grupo Árbol que levan este proxecto, transmitíuselles a seguinte mensaxe: “hai que chegar a tempo e modificar o capítulo porque así non sae. Trátase de eliminar as escenas máis inconvenientes, que van contra a liña editorial da cadea”.

Os datos recollidos por ECD confirman que foron uns días de certo frenesí: non se sabía se a produtora ía chegar a tempo de modificar o episodio e salvar o traballo de gravación e edición realizado polos profesionais da factoría. En Globomedia traballouse a contrarreloxo para logralo.

Ao parecer, o episodio de “Aída” entregado finalmente á cadea sufriu, efectivamente, significativos recortes.

http://www.elconfidencialdigital.com/Articulo.aspx?IdObjeto=10790

Sem comentários: