terça-feira, fevereiro 06, 2007

"LA ÚLTIMA HOSTIA"

A “murga” carnavalesca Los Yogurines de Montilla decidiu manter as súas letras correspondentes ao repertorio deste ano malia a advertencia do párroco de Santiago, Miguel Varona, quen cualificou de blasfemas as composicións deste grupo que se presenta ao Carnaval coa indumentaria de nenas de primeira comuñón e co título Mi primera hostia.

A decisión foi adoptada por todos os membros da agrupación e obrigou a algúns deles a dimitir das irmandades ás que veñen pertencendo desde fai anos. En concreto, algúns membros desta “murga” forman parte de xuntas directivas de varias confrarías locais.

Desde o pasado mércores mantiveron reunións co sacerdote para facerlle ver que a súa intención non é blasfema e que utilizan unha acepción da palabra hostia que nada ten que ver co significado relixioso da mesma. Aínda que inicialmente algúns membros se desligaron da “murga” ante as advertencias do párroco, posteriormente decidiron todos saír adiante contando co apoio popular, de familiares, amigos, asociacións carnavalescas e outros colectivos culturais.

O párroco do pobo, Miguel Varona, ameazoulles coa excomuñón por chamar ao espectáculo deste ano «La última hostia». O director da “murga”, Antonio Márquez, explicou que Varona, ao ter coñecemento do citado título, pediulles unha reunión para informarlles de que a Igrexa considera a utilización desa palabra como unha blasfemia.

Sem comentários: