segunda-feira, fevereiro 19, 2007

O RACISMO DA U.P.G.


No ano 1920 o Partido Nazi (na Alemaña) no punto catro do seu programa electoral, permitía a calquera alemán ser cidadán e ademais liberdade relixiosa. Ora ben, os xudeus non podían ser cidadáns.

A UPG en 2007 (na Galiza) permite a calquera galego ser do BNG; aínda que sexas católico e pertenzas a unha asociación que publicamente manifestase contraria ao aborto, a o uso terapéutico dos preservativos, as relación homosexuais, as relacións sexuais fora da parella no seu formato cristián, etc.. Aínda que sendo un dirixente destacado do partido coma Francisco Rodríguez, poñas como exemplo a imitar a República Teocrática e Islámica do IRAN; onde as mulleres non teñen nin sequera sobre o papel os mesmos dereitos que os homes, onde os homosexuais non son considerados homes nin mulleres con dereito a vida. Un pais tan exemplar que seria comparable a que a Galiza fora quen da súa emancipación e foxe gobernada polo Opus Dei seguindo as normas que os curas interpretaran da Biblia. Ora ben, os xudeus non poden ser do BNG.

GALIZA SOSEGO

2 comentários:

Adycto disse...

Hai tempo que non estaba tan de acordo con un post do blogomillo como hoxe co teu sobre a upg e o bloque. As veces considero que a UPG, e outros grupos dentro do BNG, teñen posicionamentos políticos absurdos que, evidentemente, non comparte a maior parte da militancia....ou eso espero¡¡¡

Colazo disse...

Non se pode criticar á UPG, defender unha postura sen demagoxias baratas?
Comezamos coa comparación cos nazis, despois falamos dos católicos ou do 99'99% dos galegos que foron bautizados. E todos os que van a misa seguen o "cristianismo" oficial de Rouco Varela e Bieito XVI?
P.Rodríguez xeralizou como exemplo a imitar a República Teocrática e Islámica do IRAN ou especificou en que?
Dixo a UPG que os xudeus non poden ser do BNG?
Non hai algún xudeo que no conflito se posicione de parte dos palestinos?

Pois dito isto, solidarízome con Pedro Gómez-Valadés, aínda que co meu escaso coñecemento do conflito me posicione da parte dos palestinos. Non ao 100%, porque non hai bos e malos, só vexo a uns máis "fodidos" ca os outros sen esquecer a crítica que tamén eles se merecen.