terça-feira, fevereiro 20, 2007

Os dedos longos do MOSSAD.

Nós persoalmente non coñecemos a ninguén membro do Mossad ou servizo de intelixencia do goberno de Israel, agora ben, tampouco coñecemos a ninguén a soldo dos servizos de intelixencia do goberno hespañol, e iso si que xa non é unha cousa tan de película, e moitísimo mais crible. As veces estes agochase baixo a mais furibunda das caretas. Ou o que é o mesmo, mais papistas que o Papa.

Non, non vemos os longos dedos do Mossad preocupados por unha (non nos enganemos) pequeniña organización política do noroeste peninsular que é o BNG, e moitísimo menos por os seu fontaneiros, a U.P.G.

Se non os vemos, quizabes é por que o noso onanismo mental e menor. Se nós poñemos un pouco cachondos, empézamo ver hespañois tratando de romper o BNG en vésperas de eleccións municipais, Iso si podémolo ver.

E como fan eses hespañois para tratar de acadar o seu obxectivo de ter un BNG minguado en permanente loita interna, con problemas en véspera de eleccións municipais? Utilizando os longos dedos de Stalin, ese nunca lle fallaron. A U.P.G. manexa ese dedos con unha brillantez exquisita. Se un militante loita por un BNG forte e independente, cheiramos na súa bolsa do lixo e inventemos calquera absurda acusación. O caso é botalo fora e ter o BNG baixo control. Ai!! o noso Stalín, canto xudeu meteu baixo terra... Que tempos mais caralludos...

GALIZA SOSEGO

Sem comentários: