quarta-feira, fevereiro 21, 2007

CUESTIÓN DE PRINCIPIOS

Un dos princípios ideolóxicos definitorios do BNG desde a súa fundación é o da Auto-organización. Dada a sua importancia, ocupa o 4º lugar dentre os principios da Frente patriótica para a liberación nacional e social da Galiza.

Pois ben, estes dias desde a UPG estase a facer unha caza ás bruxas propria dos tempos do macartismo contra o militante de Vigo Pedro Valadés pola súa presunta e discutíbel violación do 6º principio, o Anti-imperialismo. O delito dese militante: participar como promotor dunha asociación galega de amizade co povo de Israel (estado constituído no seu dia co apoio da URSS no Consello de Seguranza das Nacións Unidas).

Porque esta referencia aos principios de Auto-organización e Anti-imperialismo do BNG? En primeiro lugar porque ocupan unha escala xerárquica distinta, ocupando o da Auto-organización un lugar preferente.

Vexamos como son definidos un e outro:

"4.AUTO-ORGANIZACIÓN
Consideramos básico o princípio de auto-organización nacional (Sindicatos, partidos, organizacións de masas,...) para defender adecuadamente os intereses da nación galega, rexeitando toda clase de colonialismo político de calquer tendéncia ideolóxica".

"6.ANTI-IMPERIALISMO
Para a nosa política, dirixida á consecución de unha Galiza liberada, é chave o princípio de anti-imperialismo militante, polo que a Organización define-se pola solidariedade internacional e apoia todas as loitas dos povos do Estado e do Mundo para conseguir a sua liberación nacional. Polo tanto, somos contrários á CE e á OTAN por ser organizacións, a nivel económico e político-militar, que representan os intereses dos grandes monopólios e do imperialismo europeu-ocidental americano".

Para alén de ser discutíbel a violación dese principio do anti-imperialismo nunha cuestión da política internacional como esta, os xerifaltes comarcais da UPG -co visto bon dos coroneis do Comité Central- pretenden incoar un expediente de expulsión a un militante pasando por riba doutros principios organizativos do BNG como é o Pluralismo Político e a Liberdade de Expresión.

Pois ben, se esa é a estratexia da UPG para o novo tempo político, estes guardiáns da fe deberían aplicarse a xerarquia deses Princípios Políticos estratéxicos e comezar a incoar expedientes de expulsión a todo/a militante, cargo orgánico-institucional nacionalista que, por exemplo, sexa membro ou delegado sindical de CC.OO. e UGT ou socio de Greenpeace ou Amnistia Internacional.

Unha vez purificados destes "cancros" virian os que recorren ocasionalmente ao uso do español nas suas relacións sociolaborais (os Estatutos din que é deber dos militantes unha práctica comprometida coa língua galega), seguido dos practicantes do catolicismo (outra institución imperialista),...

Demencial.

Asdo. Xavier Uxío Painho Pintos Gonçalves.

1 comentário:

anónimo político-cultural disse...

Delirante, alucinante, impresentable, intragable, intolerable, impresentable, antidemocrático, ... hai mil palabras para cualificar esta ignominia que a UPG pretende perpetrar contra a liberdade de expresión.

A miña solidariedade co afectado.