quinta-feira, fevereiro 08, 2007

Santi Dóminguez aposta por crear vivendas para estudantes no Casco Vello e no campus

Na xuntanza que mantivo co reitor Alberto Gago
O candidato á Alcaldía de Vigo polo BNG, Santi Domínguez, comprometeuse a xestionar a creación de vivendas para estudantes no Campus Universitario e no Casco Vello vigués. Na reunión mantida co reitor da Universidade, Alberto Gago, o nacionalista tamén incidiu nunha proposta que xa mantivera na súa época de concelleiro de Cultura como é o establecemento de salas de estudo e de traballo na zona histórica da cidade. Santi Domínguez quixo coñecer a fondo a realidade da institución educativa porque 'Vigo debe deixar de planificar no corto prazo e empezar a pensar no que precisa no futuro'. Neste senso, asegurou que 'a Universidade é fundamental no deseño e planificación da cidade'. O candidato salientou que 'o Casco Vello vigués debe ser un elemento transformador' e lembrou que xa a Consellaría de Vivenda está traballando na recuperación integral do barrio, na que se inclúe a creación de vivendas. Na súa opinión, débese aproveitar esta actuación e contemplar tamén a posibilidade de habilitar vivendas para os estudantes. Do mesmo xeito, asegurou que o campus vigués debería contar con espazo para a vivenda, ao igual que se está facendo noutros campus galegos. Santi Domínguez dixo que 'son cuestións importantes e imos falar coa consellaría para que se faga realidade'. Igualmente, o candidato comentou que a Universidade debe entenderse como 'o pulmón da I+D e da tecnificiáción das empresas para coordinar e aumentar os esforzos co fin de que no futuro Vigo teña un oco na competición que se vai desenvolver entre as grandes cidades do mundo'. Respecto á xuntanza, Santi Domíguez afirmou estar 'satisfeito' e asegurou que non será a única, xa que 'temos que aprender moito destas persoas que están pensando no futuro de Vigo'. Transposte e I+D Pola súa parte, Gago comentou que este tipo de reunións son importantes xa que, 'en ocasións, a distancia entre a Universidade e a cidade fai que non nos creamos que está aquí e que é nosa, pero non é algo alleo'. Ademais, destacou que 'falamos dos problemas pendentes que el coñece perfectamente como veciño e responsable político da cidade e imaxinamos a Universidade no futuro dentro da Mancomunidade de Vigo'. O reitor traslado a Santi Domínguez os problemas sobre transporte que existen na Universidade, ademais de presentarlle persoalmente proxectos como o da Cidade Tecnolóxica de Vigo, cuestión que para Gago é importante para a cidade xa que 'será o punto de avande de todo o I+D da comunidade'.

Sem comentários: