segunda-feira, fevereiro 26, 2007

Se non aceptas as novas tarifas do móbil podes pedir a baixa no momento

NOVO BOICOT CONTRA AS SUBIDAS O 1 DE MARZO

O Instituto Nacional de Consumo, dependente do Ministerio de Sanidade e Consumo, advertiu de que calquera usuario que non estea conforme coas novas tarifas de telefonía móbil poderá pedir a baixa no servizo "sen penalización algunha". E é que está previsto un aumento nas tarifas e no estabelecemento de chamada logo de que a lei obrigue agora a facturar polo tempo real de uso do servizo, e non por tramos.

Segundo Consumo, o usuario ten dereito a pedir a baixa no contrato "sen aboarlle ningunha penalización por ese feito ao operador no caso de que decida non aceptar as novas condicións". Ademais, "o dereito a desistir do contrato non pode verse condicionado ou obstaculizado polas cláusulas de permanencia". As compañías tampouco poderán interferir no cambio de operador coa conservación do número.

Para facer fronte ás posíbeis reclamacións de clientes á hora de tramitar a baixa, o Instituto facilita un número de Atención ao Usuario de Telecomunicacións, o 901 336 699.

Xornada de Boicot o día 1 de marzo

Será precisamente na data marcada no calendario polas operadoras para aplicar as súas novas tarifas cando se realice unha nova xornada de boicot contra estas. A campaña conta cunha web onde se explican os motivos polos que se organiza a xornada sen móbil. "Para compensar a tarificación por segundos sóbennos o estabelecemento de chamada de 12 a 15 céntimos" así como "o prezo por minuto entre un 15 e un 20%".

A campaña suxire que como acto de protesta o día 1 de marzo non se utilice o móbil para nada, "a non ser que sexa de extrema urxencia".

http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=56607

Sem comentários: