sábado, fevereiro 17, 2007

Señoras, señoritas e señores... ... ... ... ... ... Grandes e pícaros...


Eugène Chaplin

A todos aqueles que nunca esqueceron a súa alma de neno.

Escríbolles estas breves palabras con verdadeira emoción. O circo inundou o meu universo desde a miña máis tenra infancia. O meu pai transmitiume a súa admiración pola gran familia circense e, malia tela esquecido a miúdo, finalmente regresei a ela do mellor xeito, recuperando así a miña mirada de neno.

Que dicir sobre o pallaso que non sexa xa sentenciado? Representando desde o sarcasmo ate a situación burlesca que todos nós vivimos algún día sen querelo ou sabelo. En ocasións, facendo de espello da nosa realidade, ás veces convertendo as risas en bágoas, outras sementando a lagrimiña da emoción, o pallaso non é outro que nós mesmos con aquel nariz vermello, nariz que lle permite ofrecer, coma se dun bufón tratásese, as cousas absurdas da vida.

Rirse dun mesmo ou dos demais, dunha situación ou dun problema de sociedade, Quen pode facelo mellor que un pallaso? Estes artistas de cualidades excepcionais deben ser ao tempo comediantes, acróbatas e máis aínda. Que non faría un gran pallaso por escoitar as gargalladas dun neno e por ler nos ollos o xúbilo dos maiores?

A arte do pallaso é a propia esencia da Pantomima? O pallaso, terapia contra os males da nosa cotidianidade, da irrisión ao irracional. Pero, pensándoo ben... Onde está o razoábel?

Para que facer pallasadas?. Quen non escoitou esta frase algunha vez... en ocasións anhelando o poder do pallaso? Quen non soñou ofrecer un pastel de nata ao seu veciño como o Augusto ao seu carabranca?

O imaxinario do mundo do pallaso non ten máis fronteiras que as bágoas das nosas emocións. De maiores,de pícaros somos e seguiremos sendo mentres os pallasos estean alí para recordándonolo.

Eugène Chaplin.
Dramaturgo. Fillo de Charles Chaplin.

III Xornadas internacionais: "O paiaso, creador de sorrisos?".
Simposio organizado polo Festival Internacional de Paiasos de Cornellà de Llobregat no Ateneo Barcelonés os días 20, 21 e 22 de novembro de 2006

Sem comentários: