quinta-feira, fevereiro 01, 2007

A situación de pobreza na infancia.

Uruguai: 4 mil menores vivindo na rúa

Por Ángela Castellanos.

Montevideo, Urg., 30 xaneiro 07 (CIMAC/SEMlac).- En xaneiro e febreiro, a capital de Uruguai cambia de rostro. Mentres moitos dos seus habitantes viaxan a veranear ás praias do Río da Prata e do océano Atlántico, outros, os indixentes, toman as rúas e os parques.

“Vivimos aquí no verán porque non temos casa”, di unha rapariga duns oito anos, quen xunto coa súa familia acampa nun parque. Non sabe onde vivirán despois, nin ata cando estarán alí.

“Non sei... cando faga frío ou cando nos saquen”, di salpicando auga do pequeno lago, mentres ao outro extremo a súa nai aproveita para lavar roupa á beira dos patos que nadan fuxindo do deterxente.

As estancia nas rúas de nenas e nenos uruguaios clasificase de curta si se trata de tres ou catro horas ao día, longa cando o prazo vai de oito a 12, e permanente nos casos en que o espazo público é usado como lugar de refuxio.

“Co permiso do condutor e o señor garda, pásolles un calendario, non lles pido nin cinco nin 10 pesos, é a vontade”, anuncia un neno de preto de 10 anos, á vez que reparte a cada pasaxeiro do autobús o seu artigo, do cal espera obter algún diñeiro.

“Que onde vivo? Lonxe, mellor dito nos ómnibus”, responde e segue de présa recadando as moedas ou, na súa falta, recuperando o almanaque.

Nos semáforos, os condutores atopan a mozos con gorros de cores e bastóns de circo facendo malabares cando o sinal do semáforo está en vermello. Antes que cambie a verde, corren aos portelos dos automóbiles a pedir algún diñeiro. Outros infantes camiñan polas beirarrúas estirando a man ante os transeúntes e murmurando baixiño: “ten unha moeda?”.

“Nenos, nenas e Adolescentes Vivindo na Rúa en Uruguai”, a investigación máis recente sobre o tema, clasifica en catro as estratexias de supervivencia nas rúas: a mendicidade, a prestación de servizos nas rúas (limpaparabrisas, coidadores de vehículos, etc.), recolección de residuos e deambular, entre os cales inclúe aos menores que fan traballos nas rúas e aqueles que non realizan ningunha actividade e locen desaseados.

Segundo ese estudo, realizado pola organización non gobernamental (ONG) Gurises Unidos, en 2004, en Montevideo hai uns 3 mil menores vivindo na rúa e no resto do Uruguai urbano, preto de 4 mil. Cifras oficiais do Instituto de Estatísticas, baseadas no censo de 2004 e nas enquisas de fogares de 2003 e 2004, sinalan que neste país existen 797.000 infantes menores de 14 anos.

"En Uruguai si se pode falar de unha situación de pobreza na infancia, a esta conclusión chegou unha comisión parlamentaria en 2006, pero xa desde 1996 o Comité dos Dereitos do Neno das Nacións Unidas concluíra o mesmo", confirmou a CIMAC/SEMlac Luís Pedernera, do Comité dos Dereitos do Neno, Uruguai.

O Estado uruguaio a través de ONG apoia á poboación que vive na rúa mediante refuxios. Con todo, a maior parte deles funciona durante o inverno e os que permanecen operando no verán son diúrnos.

07/AC/GG

Sem comentários: