segunda-feira, fevereiro 26, 2007

Solicita por correo o amparo por parte do Noso Candidado

Solicita a mediación do Noso Candidato a Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira para impedir que a caza de bruxas da UPG se perpetre co noso compañeiro Pedro e logo poda chegar a continuar con mais compañeiros ata saberes onde parar.

Copia este formato de correo, se gustas del, e envíallo a Santi na súa dirección santi@santidominguez.com, e así poda mediar polo noso compañeiro e impedir tal atropelo. Santi sempre foi un líder na comarca de Vigo, e ten carisma suficiente como para isto e mais. Senón, xa o veredes no seu bo facer como o Próximo Alcalde de Vigo.

GzS


(Utiliza o Copia e Pegar)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estimado Santi:

Como seguramente xa será do teu coñecemento, por parte da U.P.G. estase a promover a expulsión dun compañeiro teu do B.N.G. por razóns unicamente Racistas ao pertencer este militante a Asociación Galega de Amizade con Israel. Compartiras con migo en que é un atropelo propio de situacións fascistas stalinistas contra a liberdade de expresión, de asociación e pensamento.

Este atropelo inxustificado contra este compañeiro xusto antes da campaña das municipais é absolutamente inoportuno e a UPG debería darse de conta o dano que pode chegar a causar ao diminuír as nosas grandes expectativas que temos depositadas en ti como Candidato a Alcaldía da Cidade de Vigo.

Por iso, e apelando a túa gran experiencia como persoa de consenso e talante, propio de ti, e motivo polo que por unanimidade elixímoste como o Noso Candidato, propóñote como mediador neste despropósito e ao mesmo tempo deixar claramente plasmado o gran carisma que espertas na militancia do B.N.G.

Na esperanza de que podas chegar a un acordo, antes das eleccións municipais, no que quede claro que a pertenza do teu compañeiro a AGAI non e incompatible coa militancia activa non BNG, despídese cunha forte aperta,

Asdo._______________

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

2 comentários:

Anónimo disse...

Que lamentable iniciativa...

Anónimo disse...

Concordo co comentario anterior, lamentable.