quinta-feira, fevereiro 22, 2007

A U.P.G. ten a decisión tomada.

Segundo varias fontes ven informadas, o Comité Central da U.P.G. xa ten acordada e votada a expulsión do compañeiro do B.N.G. presidente da A.G.A.I, non se esta seguro se o Comité Comarcal xa ten decisión o ríspeto, mais as fontes apuntan no mesmo sentido.

Na Executiva Comarcal do B.N.G. de onte, no se introduzo ningún punto do día relacionado con ese asunto aducindo a gravidade do tema Gondomar, trala insistencia reiterada do compañeiro ao que lle queren abrir o expediente de expulsión; por parte da responsable comarcal, e tras observar a gran cantidade de faltas de asistencia que farían perder calquera tipo de votación, asegurouse que se lle prorrogaba o prazo de reflexión para que abandonara a AGAI de 15 días a un mes, e que logo na primeira executiva xa se vería o tema e se fora afirmativo se pasaría ao primeiro Consello Comarcal posible para a súa ratificación. Ou incluso a Asemblea Comarcal para o seu debate. Claro que todo isto seria xa DESPOIS DAS ELECIÓN MUNICIPAIS. A intención parece clara. Ao compañeiro o botan, iso non hai dubida, mais non queren que o tema interfira nas Eleccións Municipais.

Co sinxelo que seria desestimar o tema e esquecelo e ter a toda a militancia pendente das Eleccións. Pois parece que no, a U.P.G. non ten ningún reparo en ter a xente distraída con estas lerias, (con campañas de sensibilización da militancia, con intervencións constantes nos medidos de comunicación, coa utilización por parte da oposición do tema como arma electoral, con rodas de prensa, con comunicados, con desmentido, con...) e si logo os resultados electorais non son os esperados, ter por riba un cabeza de turco ao que votarlle as culpas.

Sexa como fora, a UPG xa o ten decidido, e si para iso cargase a campaña electoral do BNG, para quitar do medio unha persoa tradicionalmente tan critica con o aparato oficial dirixido dende a UPG en Vigo, non teñen escrúpulos ningúns en facelo. De feito xa o están a facer.

Dende Compostela, onde poderíamos chegar a crer que isto podería pararse cunha chamada de telefono, todo o contrario, botan mais leña ou fume. Se na UPG de Vigo o resultado electoral nas municipais de Vigo impórtalles un carrallo, que lles vai a importar aos de Compostela?

GALIZA SOSEGO

3 comentários:

saldomar disse...

Así que teñen fío direccto co CC, vaia, vaia... O caso é que o fío ese debe estar podre para cantar nesta sosegada páxina antiupg. Por certo, por que non cantan con todas as notas o que pasou na comisión en que Pedro Valadés non se presentou a responsábel ao verse perdido, por que non di todos os argumentos que alí se deron... Cada quen fala da feira como lle vai nela, e fede que alcatrea.

unqueviña disse...

Perdoa que te corixa Saldomar, pero isto non parece unha paxina antiupg, mai ben parece unha paxina Pro-B.N.G.
Si, BNG, iso que os da U queredes matar, iso..

saldomar disse...

Queres dicir un blog de Esquerda Nacionalista