terça-feira, fevereiro 06, 2007

Windows Vista: desenvolvido por Microsoft e os servizos secretos de EEUU

Microsoft recoñece que a norteamericana NSA contribuíu ao deseño do sistema operativo, pero asegura que se limitou a colaborar no desenvolvemento das medidas de seguridade contra ataques

ELPAIS.com - Madrid - 11/01/2007

Non é a primeira vez que Microsoft colabora cos servizos secretos estadounidenses para desenvolver un programa. Pero si que é a primeira que o recoñece abertamente e, sobre todo, que unha axencia gobernamental deste tipo participa no desenvolvemento dun programa antes do seu lanzamento. Si se ten en conta, ademais, que ese programa é o sistema operativo é Windows Vista, que está chamado a ser o sucesor de XP e que sae á rúa para o gran público o 30 de xaneiro, é inevitable que os motivos desa colaboración esperten moito máis que dúbidas. Así o informaba o pasado martes o diario The Washington Post.


En Microsoft recoñecen a participación da NSA (a axencia de seguridade nacional, encargada do espionaxe dentro das fronteiras de EEUU), pero non dan detalles máis aló de que o seu papel foi clave no deseño e a construción das medidas de seguridade contra ataques maliciosos.


Desde a NSA asegúrase que o papel da axencia nese desenvolvemento foi secundario, e que en todo caso, detrás desta participación está o seu propio interese. Con centos de miles de funcionarios do departamento de Defensa utilizando Windows, protexerlles a eles é protexerse a seguridade nacional, explican.


A NSA esperta moitas suspicacias en Estados Unidos polos seus poderes, que lle permiten interceptar comunicacións entre particulares de xeito legal e extraxudicial. Suspicacias que poderían multiplicarse en todo o mundo tras este anuncio: a cota de mercado global dos sistemas operativos de Microsoft é do 90%.

http://www.elpais.com/articulo/internet/Windows/Vista/desarrollado/Microsoft/servicios/secretos/EE/UU/elpeputec/20070111elpepunet_2/Tes

Sem comentários: