sexta-feira, março 09, 2007

9 de Marzo de 1978.

GALIZA SOSEGO

O daquela bispo integrista de Econe, Francia, Marcel Lefebvre excomungado polo Vaticano tralo seu cisma “pola dereita” o 30 de Xuño de 1988 e finado o 25 de Marzo de 1991, viaxa a Madrid a presentar na sede de “Fuerza Nueva”, o seu libro “Eu acuso ao Concilio!”.

Pensemos que politicamente se está no tramo final da negociación da Constitución Hespañola do 78 e precisamente ese día, o P.S.O.E. retira (provisionalmente en sinal de protesta) ao seu representante na ponencia da Constitución.

Na presentación dese libro, Lefebvre, en referencia ao Cardeal Tarancón Presidente, por aquela, da Conferencia Episcopal, dice:

A actitude de monseñor Tarancón é un desastre para a Hespaña católica. Como bo progresista, fai tratos cos inimigos da Igrexa, como está sucedendo no tema do divorcio. El dixo que aceptaría desvincular o matrimonio relixioso do civil e o civil non é máis que un concubinato. Permitir aos católicos o matrimonio civil é favorecer o concubinato.”

Nestes 29 anos transcorridos, a Conferencia Episcopal foise achegando mais a Lefebvre e aloxándose mais de Tarancón. Certo é que non visita as sedes de “Fuerza Nueva”, mais que nada porque estas mudaron de nome. Agora a Conferencia Episcopal, con quen se relaciona é co PP, e con as mesmas expresións de ruptura de Hespaña e argumentacións que Lefebvre 29 anos atrás esgrimía.

Tanto tempo rompéndose Hespaña, e non hai xeito de rematar con ela.!

GzS

Sem comentários: