terça-feira, março 20, 2007

Campaña de apoio a Jon Sobrino.

Adital - A recente posición adoptada polo Vaticano de castigar ao teólogo Xesuíta Jon Sobrino - considerado un dos grandes nomes da Teoloxía da Liberación - repercute en varios sectores ligados á Igrexa. Esta semana, está facéndose un chamado internacional para que se envíen cartas de apoio ao relixioso, resaltando os valores contidos nos seus escritos, obxectos da investigación iniciada en 2001 polo Vaticano.

Para expresar o rexeitamento á decisión, emitida polo papado de Bieito XVI, está iniciándose a campaña "Querido Jon Sobrino, estamos xuntos, xuntas...". A campaña consiste en enviar cartas ao relixioso, onde as persoas falen sobre o provecho conseguido pola lectura de libros talles como "Xesús Cristo Liberador - Lectura Histórica/Teolóxica de Xesús de Nazaret" e "A Fe en Xesús Cristo - Ensaio a partir das vítimas", os dous que foron analizados pola comisión do Vaticano, que acusa ao teólogo de "humanizar por demais" a figura de Xesús Cristo.

Moitos sectores da Igrexa veñen manifestándose sobre o asunto. Un deles é a Congregación de Defensa da Fe. En palabras do frade Joãou Xerri, a Congregación "non vai cambiar, nin abrandar a súa posición - están premeditando isto fai anos - pero a tarefa esencial agora é facer que Sobrino saiba que non esta só, que existen moitas outras persoas na igrexa que foron inspiradas polos seus escritos"

As cartas deben ser enviadas aos seguintes enderezos:

P. Jon Sobrino, S.J.
3a. Calle Poniente
Walter Soundy 1-1
04102 Santa Tecla (La Libertad)
El Salvador
Tel (503)-2228-3037
Fax (503)-2288-2245
E-mail: jsobrino@cmr.uca.edu.sv

Ou a:

P. José Alberto Idiáquez Guevara, S.J.
Ave. Río Lempa, 9N
Jardines de Guadalupe
Antiguo Cuscatlán (La Libertad)
El Salvador
Tel (503)-2257-8590
Fax (503)-2257-8589
E-mail: procam@telesal.net

http://www.adital.com.br/site/noticia.asp?lang=ES&cod=26756

Sem comentários: