sexta-feira, março 09, 2007

África: medio século de independencia e pobreza

OS ANALISTAS FAN UN BALANCE PESIMISTA

- A inestabilidade e os conflitos impiden o desenvolvemento económico e social.

- Só desde o ano 1975 a 2002 o PIB per cápita caeu un 0,7%.

EL MUNDO / EFE

JOHANNESBURGO.- Cando se cumpre medio século da independencia de Ghana, o primeiro país africano que se liberou da súa metrópole, os analistas fan un balance pesimista da situación de África. Dos 31 países con menor desenvolvemento humano, 29 son africanos. No plano político, só 11 dos 53 Estados do continente son democracias multipartidistas.

O logro de Ghana tal día como hoxe foi un fito histórico que sentou precedentes na independencia doutros países africanos das súas metrópoles, principalmente Francia e Reino Unido por ser as potencias colonizadoras máis importantes.

Aínda que o proceso durou varias décadas, só entre 1957 e 1960 máis da metade dos países de África subsahariana lograron romper o lazo colonial. Na actualidade, só o Sáhara Occidental
permanece colonizado por Marrocos.

Aquela primeira independencia supuxo un sopro de aire e esperanza á poboación que hoxe celebran con orgullo aínda que se mestura con desánimo e frustración pola situación que vive o continente.

Malia que ter os países máis novos e recibir a maioría das axudas internacionais, segue sendo a rexión máis pobre do planeta e a maioría dos seus países están en mans de gobernantes corruptos.


Inestabilidade política e social

Para poder garantir un sistema democrático é esencial o desenvolvemento económico e social, e estes só son posibles se hai paz e estabilidade na zona.

Segundo Frederick de Klerk, ex presidente surafricano e Premio Nobe da Paz, "a pobreza, a tiranía e os conflitos van da man na historia do mundo, e non só de África".

Dos 52 estados africanos, a organización estadounidense Freedom House considera que 18 non teñen sistemas políticos libres e só 11 son multipartidistas. Conseguir sistemas democráticos en África custou moitas guerras pero cada vez quedan menos ditadores.

Con todo, algúns dirixentes continentais como o líder libio Muamar Gadafi pensan que, no fondo, as democracias non están feitas para África. " A xente de África vive en tribos e cada tribo ten un líder, por iso o sistema de eleccións e partidos políticos axústase a Europa e a América máis que a África", sinalou.


Economías subdesenroladas.

A situación económica tampouco mellorou nestes últimos 50 anos. Desde 1975 ata o 2002, mentres que o PIB per cápita no mundo desenvolvido creceu un 2,2%, en África caeu un 0,7%. Ademais, 29 dos 31 países co desenvolvemento humano máis baixo son de África, segundo o último informe anual do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento.

O analista político ghanés Festus Aboagye afirma que "a existencia de conflitos, a pobreza, as enfermidades "fan que un pense seriamente se África, verdadeiramente, ten algo de que gabarse". Na súa opinión, "non podemos culpar a ninguén excepto a nós mesmos polo mal que nos foi no continente".

A solución non parece sinxela. Segundo De Klerk, "África necesita dúas cousas: un trato xusto co resto do mundo e a determinación de resolver os seus problemas".

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/03/05/solidaridad/1173119695.html

Sem comentários: