domingo, março 11, 2007

IX Asemblea Nacional CAE

Tras varios anos sen ningún tipo de organismos de dirección a nivel nacional, os e as militantes dos CAE acordamos que xa era hora de volver a dotarnos dunha nova estrutura firme e consolidada para erguer a nosa organización e traballar con todas as nosas forzas i enerxía pólo noso ensino. De aquí a celebración da nosa IX Asemblea Nacional, que terá lugar o vindeiro 17 de Marzal na cidade olívica de Vigo.

Os nosos obxectivos son moi simples, e nada alonxados dos acordos tomados en anteriores Asembleas Nacionais.
Nesta nova era de asociacionismo estudantil, pularemos por fortalecer a organización a nível nacional pero sobre todo nas cidades e comarcas, xa que o noso obxectivo para este novo período será traballar arreo nas localidades(eixo fundamental para o bo desenrolo e achegamento do estudantado aos CAE), constituírnos tamén en todas as cidades e comarcas onde actualmente non temos presenza, recuperar os comités de centro(básicos e importantísimos á hora do contacto con o estudantado), recuperar todo tipo de publicacións como o CAE-Informa e nova editación de panfletos e demais trípticos que nos axuden a darnos a coñecer sumando así a máxima xente posíbel para loitar por un ensino adecuado ás nosas demandas, galego, democrático, plural e libre de entes españolizadoes que oprimen o noso desenrolo como Nación.

Comezamos esta nova era con moita forza e ilusión e con esperanzas de non repetir vellos patróns grazas a unha total renovación da organización e experiencia adquirida de erros anteriores.

VIVA GALIZA CEIBE
VIVAN OS COMITÉS ABERTOS DE ESTUDANTES


Sem comentários: