sexta-feira, março 16, 2007

LETRAS DE MULLER


O Fachineiro das palabras.

Revista Irimia nº 738.


A autora homenaxeada no Día das letras galegas deste ano é María Mariño, nome que a moitos e moitas dos que miren por este fachineiro lles ha resultar pouco ou nada familiar. A biografía da poeta nada en Noia non axudou moito a facer pública a súa obra. A súa introversión, o seu afastamento dos círculos literarios, as dúbidas á hora de publicar, e a súa condición de muller son os motivos que hai detrás dese descoñecemento. A etapa courelá de María Mariño fíxoa coincidir con Uxío Novoneyra, amigo e animador da publicación de Palabra no tempo, Única obra que viu a luz en vida da autora. As “mentiras patriarcais” fixeron que mesmo se puxese en cuestión a propia existencia da poeta. Empezan xa a aparecer os estudos que este ano deitarán luz sobre María Mariño. Xerais hai tempo que ten publicada a súa obra completa e a editorial Galaxia acaba de publicar unha antoloxía –editada por Patricia Arias- e unha biografía obra de Xerardo Agrafoxo. Tamén se dedica a ela o nº 21 da publicación feminista Festa da palabra silenciada.

A.Q.

Sem comentários: