quarta-feira, março 07, 2007

A MORTE DO PALLASO

GALIZA SOSEGO

O pallaso é ese persoeiro que nos fai rir, e con esas risas fainos voar e esquecer os nosos problemas, odios e preocupacións. Provoca en nós a risa que é coma unha droga; unha droga sen efectos secundarios, benigna para o corpo e benigna para o alma. A risa que xa dende a nosa mais pequena infancia, case dende o momento do nacemento, practicamos en contraposición ao pranto que representa tódalas demais formas non pracenteiras nin boas da vida.

Se un bebé chora, algo lle pasa, non está ben.... Se ri, non lle pasa nada e é feliz e esa felicidade contáxianola a nós ata incluso sen moita dificultade, poder chegar a contaxiarnos a risa.

O Pallaso é o mago que trae ese bálsamo da risa. Hoxe en día, a palabra que se utiliza para definir a un pallaso mudou. Agora chámanlles humoristas, contacontos, etc.. pero o seu corazón; o corazón de todos eles é o mesmo, o corazón do pallaso.

A morte é triste por si soa, pero se o finado é un pallaso, é maior a traxedia. Perdemos un creador de ilusión, un creador da maxia da risa, perdemos un fornecedor do noso pracer da gargallada.

Onte morreu un Pallaso, tiña 75 anos, era de Cuenca e chámase José Luis Coll.

Que a próxima vez que coincidamos, querido Coll, falemos do goberno.

GzS

1 comentário:

Colectivo Galiza-Israel disse...

Non hai nada máis útil na vida que o sentido do humor. De obrigada presenza en calquera kit de supervivencia. Amigo Coll, un saúdo a Tip.