quinta-feira, março 08, 2007

O 70% dos 1.200 millóns de pobres no mundo son mulleres.

* A brecha de salario entre homes e mulleres alcanza nalgúns países o 40%.
* As mulleres representan máis da metade da man de obra agrícola no mundo.


EL MUNDO / EUROPA PRESS.

Mans Unidas denunciou que o 70% dos 1.200 millóns de persoas que viven no mundo en situación de extrema pobreza son mulleres, do mesmo xeito que o 60% dos 550 millóns de traballadores pobres que existen.

A ONG apuntou que resulta "difícil, por non dicir imposible, atopar un país no que non se dean casos de discriminación cara á muller, estean estes amparados ou non pola lei".

Con motivo do Día Internacional da Muller, a organización, de cuxos proxectos a maioría prestan unha atención especial ás mulleres, denunciou as chamadas "Estatísticas da desigualdade".

Elaboradas con datos do Banco Mundial, demostran que "en 2006 a brecha de salario entre homes e mulleres nalgúns países chegou a estar entre o 30% e o 40%" ou que "as mulleres representan máis da metade da man de obra agrícola" do mundo.

Mans Unidas reitera que "a loita contra a desigualdade debe comezar a idade tempérana, na familia e na escola" e que "privar ás nenas da educación pon en perigo as posibilidades de desenvolvemento, porque o analfabetismo das mulleres e a falta de educación prexudican directamente aos fillos, e con eles á familia, ás comunidades e á sociedade en xeral".

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/03/05/solidaridad/1173121147.html?a=517c30d7e0b26770bf7e792978a9296e&t=1173183132

Sem comentários: