quinta-feira, março 15, 2007

OS PRINCIPIOS DA PROPAGANDA

Joseph Goebbels

1. Principio de simplificación e do inimigo único. Adoptar unha única idea, un único símbolo. Individualizar ao adversario nun único inimigo.

2. Principio do método de contaxio. Reunir diversos adversarios nunha soa categoría ou individuo. Os adversarios han de constituírse en suma individualizada.

3. Principio da transposición. Cargar sobre o adversario os propios erros ou defectos, respondendo o ataque co ataque. "Se non podes negar as malas noticias, inventa outras que as distraian".

4. Principio da esaxeración e desfiguración. Converter calquera anécdota, por pequena que sexa, en ameaza grave.

5. Principio da vu
lgarización. "Toda propaganda debe ser popular, adaptando o seu nivel polo menos intelixente dos individuos aos que vai dirixida. Canto máis grande sexa a masa a convencer, máis pequeno ha de ser o esforzo mental a realizar. A capacidade receptiva das masas é limitada e a súa comprensión escasa; ademais, teñen gran facilidade para esquecer".

6. Principio de orquestración. "A propaganda debe limitarse a un número pequeno de ideas e repetilas incansablemente, presentalas unha e outra vez desde diferentes perspectivas, pero sempre converxendo sobre o mesmo concepto. Sen fisuras nin dúbidas". De aquí vén tamén a famosa frase: "Se unha mentira repítese suficientemente, acaba por converterse en verdade".

7. Principio de renovación. Hai que emitir constantemente informacións e argumentos novos a un ritmo tal que, cando o adversario responda, o público estea xa interesado noutra cousa. As respostas do adversario nunca han de poder contrarrestar o nivel crecente de acusacións.

8. Principio da v
erosimilitude. Construír argumentos a partir de fontes diversas, a través dos chamados globos sondas ou de informacións fragmentarias.

9. Principio da silenciación. Acalar as cuestións sobre as que non se teñen argumentos e disimular as noticias que favorecen o adversario, tamén contraprogramando coa axuda de medios de comunicación afines.

10. Principio da transfusión. Por regra xeral, a propaganda opera sempre a partir dun substrato preexistente, xa sexa unha mitoloxía nacional ou un complexo de odios e prexuízos tradicionais. Trátase de difundir argumentos que poidan arraigar en actitudes primitivas.

11. Principio da unanimidade. Chegar a convencer moita xente que pensa "como todo o mundo", creando unha falsa impresión de unanimidade.

GzS

Sem comentários: