quinta-feira, março 01, 2007

Prisciliano ou Apostolo Santiago ?

Son os restos do Apóstolo os que repousan na Catedral de Santiago? Así certificouno a Igrexa en 1879, despois de atopar o corpo, perdido tres séculos atrás tras haber sido agochado por medo aos piratas de Francis Drake.

Esta declaración oficial do Vaticano non foi referendada por ningunha das técnicas que se utilizan na actualidade, como o controvertido carbono catorce. A ausencia de probas científicas dá ás a moitas voces. Voces que denuncian insistentemente o que consideran un montaxe. Voces que tampouco están apoiadas pola ciencia, pero que piden que se recoñeza que quen repousa baixo as pedras do templo compostelán non é Santiago, senón Prisciliano.

E quen foi Prisciliano? Oficialmente, un herexe. Historicamente, un nobre do século IV que chegou a ser bispo de Ávila e morreu decapitado no 385 por instigación da igrexa e orde do emperador -romano e cristián- Máximo.


Naqueles tempos, a doutrina oficial da Igrexa aínda non fora definida por completo. Unha dos principais e máis trascendentes disputas dogmáticas versaba sobre a divindade de Jesucristo. O culto á Santísima Trindade foi consagrado polo Concilio de Nicea, celebrado no 325. A partir de entón, as teses contrarias (o chamado unitarismo, que só recoñecía unha divindade) foron consideradas heréticas e perseguidas, aínda que en moitos lugares persistiu o debate.

O líder dos unitarios era un sacerdote libio chamado Arrio. O seu labor evanxelizadora se estendeu a partir do norte de África ata Oriente e foi moi frutífera. As crenzas arrianas se estenderon para Occidente por medio dos pobos bárbaros que pactaban co imperio e a través de viaxeiros que cruzaban o Estreito.

A testemuña unitarista de Arrio en Hispania tomouno Prisciliano. Nacería na provincia de Gallaecia, posiblemente perto de Iria Flavia, no seo dunha familia acomodada, cando o cristianismo era xa a relixión oficial do Imperio Romano. Segundo Sulpicio Severo, era intelixente, culto, tiña habilidades sociais e de palabra, aínda que era vaidoso. Disque, por familia e estudos, estáballe reservada a púrpura das altas institucións eclesiásticas. Pero o seu destino se torceu.

Prisciliano predicou con moito éxito no norte de Hispania e no sur da Galia. As súas doutrinas non eran ortodoxas e resultaban moi atractivas para poboación, xa que adaptaban o cristianismo primitivo e rendía culto á natureza como facíase no paganismo prerromano.

A tarefa proselitista de Prisciliano tivo éxito, e non só entre as clases populares. De feito foi ordenado bispo de Ávila e era apoiado por outros prelados da península.

A súa sorte estaba botada. O labor de Prisciliano supoñía todo un desafío para a Igrexa oficial, que xa había desencadenado persecucións sanguentas contra os unitaristas ao longo e largo de todo o imperio. Convertérase nunha institución con poder e influencia. Os emperadores da decadente Roma apoiábanse nela para conservar e consolidar o seu poder.

Contra Prisciliano llovieron acusacións. Se xulgoulle por heterodoxo, pero tamén por celebrar orxías, por permitir que os clérigos levasen o pelo longo, por incluír bailes na súa liturxia... Na súa sentencia tamén pesaron outros aspectos da súa ideoloxía, como a condena da escravitude ou o fomento da igualdade entre homes e mulleres. A súa sorte estaba botada.

Foi condenado a morte xunto a varios dos seus discípulos en Tréveris, no 389. Trala execución, o seu cadáver foi levado a Galicia. A ruta percorrida polos portadores do corpo non difiere moito, segundo a tradición, do posterior Camiño francés dos peregrinos a Compostela.

Prisciliano morrera, pero o seu legado pervivió durante case 200 anos na Gallaecia tardorromana e sueva. Un concilio, celebrado nos tempos do rei Teodomiro, puxo o punto final ao priscilianismo. A «invención» do sepulcro do apóstolo enterrou definitivamente a lembranza do herexe. Ata que a principios do século XX, a rebufo do redescubrimento dos restos do Apóstolo, empezouse a dicir que o seu corpo, e non o de Santiago, é o que resposa na catedral.

Enviado por Correo Electronico por: Pedro PArdo De Cela

4 comentários:

Anónimo disse...

Por favor, coiden un pouco a linguaxe:
"Son os restos do Apóstolo os que repousan na Catedral de Santiago? Así certificouno a Igrexa en 1879, despois de atopar o corpo, perdido tres séculos atrás tras haber sido agochado por medo aos piratas de Francis Drake."
Poñan ben o pronome: Así o certificou a Igrexa... e ise "haber sido agochado", que galego é?
Non quero seguir lendo, porque se no primeiro parágrafo atopo estas dúas perlas, que virá despois?

Galiza Sosego disse...

Galiza Sosego publica os Correos de todo aquel que quera participar sen ningún tipo de censura nin correción de ningún tipo. Polo mesmo tampouco se fai responsable nin do continente nin do contido. Con todo, as veces é mais importante ver toda a fraga e non reparar no primeiro eucalipto que vemos.

Anónimo disse...

Manteño o dito, non se pode estragar a linguaxe así. Cando se escribe coa intención de publicar algo cómpre revisar o texto. Non se trata de censura, trátase de facer as cousas ben. Non se fai ningún ben á lingua con eses desleixos. A responsabilidade non vale con cargarlla ao remitente, GzS tamén debería ter algo que dicir.

Galiza Sosego disse...

É política de GzS publicar os artigos recibidos sen ningún tipo de corrección. Pode parecera atinado ou non, pero entra na liberdade de GzS.
Dende GzS, animámoste "Anónimo" a enviar un artigo sobre este tema para ser publicado (Ou sobre outro calquera se así o prefires). Con todo agradecerche de tódolos xeitos a túa atención.