quinta-feira, março 22, 2007

XXVII CABODANO "Oscar Arnulfo Romero"

Penúltima homilía de Oscar Arnulfo Romero

(Sentencia de Morte)

Queridos irmáns, sería interesante agora facer unha análise pero non quero abusar do seu tempo, do que significaron estes meses dun novo goberno que precisamente quería sacarnos destes ambientes horrorosos e se o que se pretende é decapitar a organización do pobo e estorbar o proceso que o pobo quere, non pode progresar outro proceso. Sen as raíces no pobo ningún Goberno pode ter eficacia, moito menos, cando quere implantalos a forza de sangue e de dor...

Eu quixese facer un chamamento de xeito especial aos homes do exercito, e en concreto ás bases da garda nacional, da policía, dos cuarteis.

Irmáns, son do noso mesmo pobo, matan aos seus mesmos irmáns campesiños e ante unha orde de matar que dea un home, debe de prevalecer a Lei de Deus que di: NON MATAR... Ningún soldado está obrigado a obedecer unha orde contra a Lei de Deus... Unha lei inmoral, ninguén ten que cumprila... Xa é tempo de que recuperen a súa conciencia e que obedezan antes á súa conciencia que á orde do pecado... A Igrexa, defensora dos dereitos de Deus, da Lei de Deus, da dignidade humana, da persoa, non pode quedarse calada ante tanta abominación. Queremos que o Goberno tome en serio que de nada serven as reformas se van tinguidas con tanto sangue... En nome de Deus, pois, e en nome deste sufrido pobo cuxos queixumes soben ata o ceo cada día máis tumultuosos, suplícolles, rógolles, ordénolles en nome de Deus: Cese a represión...!


http://www.youtube.com/watch?v=wnuf38LTbg0