quarta-feira, abril 25, 2007

Anima ao Celta a continuar galeguizándose

A Ciberirmandade da Fala quere sumarse á iniciativa d'A Mesa pola Normalización Lingüística e achegar os nosos parabéns ao Celta por unha nova “vitoria”: o club dá novos pasos no uso do galego. Ao tempo a asociación convida agora ao equipo de fútbol a que inclúa unha versión da web na nosa lingua.

Súmate á iniciativa enviándolles un correo!

O Celta de Vigo deu novos pasos no uso do galego. A publicidade xa está no noso idioma, igual que a entrada no seu sitio web. Ademais, estase a difundir masivamente o boletín en papel Real Club Celta - A cor de Galicia, cuxa edición é en galego nun 75% do seus contidos (tamén podedes descargalo en formato PDF na súa web).

Aínda teñen algún camiño por percorrer, como ofrecer versión plena en galego do seu espazo web, máis compre saudos xa o feito e animar que se continúe nesa liña. Tanto se es afeccionada/a como se non, achégalle os teus parabéns clicando aquí.

Así mesmo, A Mesa tamén quere convidar a outros equipos deportivos galegos a que incorporen ás súas comunicacións a lingua propia de Galiza, especialmente ao Deportivo da Coruña, que segue incluíndo no seu nome oficial o topónimo deturpado da cidade.

Sem comentários: