segunda-feira, abril 02, 2007

CARTA ABERTA A CARLOS AYMERICH

Prezado Carlos:

Hai uns días lin no xornal semanario “A Nosa Terra” un artigo teu encamiñado ao compañeiro Pedro Gómez Valadés e a súa ( mais tamén doutros compañeir@s do B.N.G., entre outros) Asociación de Amizade Galiza- Israel.

Non querendo igual que tí entrar no conflicto palestino- israelí, aínda que se tendo unha posición persoal de apoio a resolución do conflicto, o antes posível , por acordo de ambas partes; xa que desgraciamente, se converteu nun conflicto con demasiadas variaveis para dicer todo é negro ou branco; eles teñen que buscar o acordo, e nós apoialo, afastándonos de sermos máis papistas que o Papa (moi español, por outro lado). Semella que nalgo andan e agardo cheguen ao entendemento axiña e non de vagariño, moitos sofren tal dilación.

Carlos, noutros lugares do mundo hai multitude de conflictos, contodo a nosa posición como B.N.G. é e foi sempre apoiar e respetar o acordo entre as partes como mellor solución a ditos conflictos. ( Ex. Euskadi- España, Irlanda- Gran Bretaña, Corcega-Francia ...)

Mais vaiamos ao que quixera compartir contigo no tocante ao conflicto Pedro Valadés. Como ben sabes, que che vou explicar es administrativista da Escola do Meilán Gil (Opus Dei), polo que non se che escapa a diferencia entre a forma e o fondo dos asuntos.

Nas formas ate o de agora, “cero patatero”, para aqueles e aquelas compañeiras da Asemblea de Vigo que tiveron o atrevemento de insultalo ( a Pedro ), vilipendialo, linchalo verbalmente, claro, ate aí chegaramos (asasino, impresentábel, "sionista" e un longo rosario de amábeis epítetos que prefiro non enumerar por pudor organizativo, chegando algún ao delirio pedindo que a bomba atómica do Irán se botase sobre o Israel para excelso balbordo e aplauso dos que estaban producindo semellante acto deleznábel, inxustificábel; agardo a dirección tome nota sobre semellantes feitos e aperciba seriamente a estes animados "hooligans". O Guillerme axudou ao ambiente dun xeito irresponsábel, todos sabemos dos seus gostos, especialmente, no Berbes vigués, non sei como se atreve.

Aos vellos do lugar recórdanos épocas pretéritas as que xa tiñamos xurado non voltar.

Incomprensivelmente os compañeir@s responsaveis da organización do B.N.G. en Vigo deixaron facer ao seu antollo, a estes compañeiros e compañeiras en pleno aquelarre, logo de ser aprobado un acordo entre as partes en conflicto, ratificado tanto polo Consello Comarcal como pola Executiva Nacional do B.N.G.

Dentro das formas, se a apertura de expediente fose adiante, agardo a si non sexa, polo ben de tod@s e do B.N.G. no seu conxunto, se fose adiante digo, espero e coincidirás comigo se nomee un xuíz instructor do caso, un secretario... (independentes, quero dicer limpos con criterio e coas mans brancas) e se lle dean ( a Pedro) todas as medidas garantístas que todos os demócratas queremos para nós. Abundo nesto, porque aínda hai pouco o Consello Nacional expulsou a un compañeiro - do Ferrol , lembro- sen a máis mínima, só tivo a contestación da man erguida, non sei como se pode alzar a man tan alegremente, e sen remorsos de conciencia. Vaia papel para a Comisión de Garantías. Bon xa veremos.

Dentro do fondo direiche e tamén concordarás comigo que o B.N.G. está composto por unha policromía de ideoloxías, a grande maioría no mundo da esquerda, desde a socialdemocracia ate o comunismo - con diferentes matices-. Así tamén os liberais. Mais tamén dentro das organizacións sociais topámonos cun simpar de compañeiros e compañeiras próximas a elas ou os seus pensamentos que terían cabida ou non na nosa organización segundo quen observe as súas actitudes, temos policías nacionais, temos policía local, membros e parentes do Opus Dei, temos proiraquís, temos proiranís, temos proisraelitas, temos propalestinos, temos procubanos, temos profranceses, temos proportugueses, temos curas, temos cristiáns, temos membros de C.C.O.O.,temos heterosexuais, temos homosexuais, temos do Madrid, temos do Barcelona, temos, temos , temos... case de todo.

Entendo queremos , entre tod@s construír o noso pobo como persoas libres, que poidan discutir e formarse e informarse libremente, meu amigo Carlos, neso cremos.

Carlos non dubido de que se este sen sentido camiña cara a diante como xa camiñaron moitos outros antes do nacemento do B.N.G. e despois do nacemento de mesmo ( hai pouco defenestrar ao Manolo Portas con razón ou sen ela mais con moitos... alzando a man e outros acochándose nas silveiras ), mais sempre dentro do noso amado nacionalismo galego, sexamos garantes dun proceso impío e cristalino, mellor non for, mais se for, XUSTIZA, que menos pedir, verdade amigo Carlos.

Unha forte aperta,

Xoán Manoel Rama Trillo.

Membro do Consello Nacional do B.N.G.

2 comentários:

Anónimo disse...

Mavera, gostas moito da publicidade. O de Pedro é para botalo, non por sionista, se non por irresponsable. Se traballaras. Só saides na prensa para falar mal do BNG.
Por certo Portas perdeu democraticamente nunha asemblea. Ainda que comparta a inxustiza da que este compañeiro non vaia en postos de saída, pola súa valia xa amosada e mellor persoa.

Anónimo disse...

Mavera, gostas moito da publicidade. O de Pedro é para botalo, non por sionista, se non por irresponsable. Se traballaras. Só saides na prensa para falar mal do BNG.
Por certo Portas perdeu democraticamente nunha asemblea. Ainda que comparta a inxustiza da que este compañeiro non vaia en postos de saída, pola súa valia xa amosada e mellor persoa.