terça-feira, abril 03, 2007

CHARLA-COLOQUIO EN VIGO:


CHARLA-COLOQUIO:

O vindeiro mércores día 11 ás 20:00 horas, terá lugar na Casa do Libro, sita na rúa Velázquez Moreno 26 de Vigo, unha Charla-coloquio sob o título de:

"Israel. Coma exemplo de nacionalismo europeo".

Por Josep Carles Laínez

Presenta:

Pedro Gómez-Valadés

ENTRADA LIBRE

Josep Carles Laínez, (València, 1970) é escritor e editor. Comprometido desde a súa mocidade co movemento nacionalista valenciano, é autor nesta lingua dos poemarios Dionysiaka (1995) e Anxia (2001), así como das obras teatrais Do luxe do ras vora lles fraules (Do luxo do raso xunto ás fresas, 1999) e Berlín (2001). O seu libro de aforismos In Hoc Signo Vinces (1998) de contido nacionalista paneuropeo coñeceu versións en alemán e estoniano. É redactor xefe da revista de pensamento Debats, e director da editorial Llambert Palmart, que publica a colección de textos en xudeo-español “Neveh Shalom”.

Sem comentários: