terça-feira, abril 03, 2007

Ciclo de cine israelí no CGAC de Compostela.


Ciclo Avi Mograbi 01 - 30 Abril 2007

En colaboración co Festival Internacional de Cine de Las Palmas e IVAC-La Filmoteca de Valencia.


Realizador, guionista, actor, director de fotografía, enxeñeiro de son, montador, produtor, Avi Mograbi, (Tel Aviv, 1956), é un autor fundamental da cinematografía israelí, comprometido e crítico coa realidade circundante. Autor de catro longametraxes, "Como aprendín a vencer o medo e a amar a Arik Sharon" (Ein Hifsakti L’fahed V’lamadeti L’ehov et Arik Sharon, 1997), "Feliz aniversario, Sr. Mograbi" (Yom Huledet Same’ach Mar Mograbi, 1999), "Agosto, antes da explosión" (August: A Moment Before the Eruption, 2002) e "Vinganza por un dos meus dous ollos" (Nekam Achat Mishtey Eynay, 2005), película revelación do Festival de Cannes, Mograbi expón nestes traballos documentais as contradicións do seu propio proceso de creación nun contexto tan difícil coma Israel. O director manifesta diante da cámara as súas cavilacións, de modo que sempre hai unha película en produción que está ameazada. A súa filmografía constitúe unha obra sen precedentes no cine mundial e cada un dos seus títulos amosa o presente da situación política, sociocultural e militar de Israel. O conflito palestino-israelí, a intifada, a relixión, a política, a colonización, os atentados suicidas, son temas recorrentes nas súas películas, pero ante todo Mograbi retrata cunha mirada afectiva os seus semellantes.
Na súa obra apreciamos unha mestura de axitación, malestar e unha contradición non resolta, unha porta a través da que entramos na complexidade do seu cine. Autor de películas enormemente divertidas, radicais, desestabilizadoras, documentais inconfundibles, en tanto que aparece nelas como protagonista, introduce elementos de ficción, fusionando humor e ironía. De aí que o comparen con Nanni Moretti (La habitación del hijo, Caro Diario) ou Michael Moore (Bowling for Columbine, Fahrenheit 9/11). Mograbi é un disidente que sabe integrar o persoal co político nunha aposta crítica que se axusta ás necesidades históricas máis perentorias. Un ciclo que parece arrincado dos titulares de prensa, coa urxencia da noticia matizada pola reflexión dun editorialista comprometido. Agradecementos: Avi Mograbi, Les Films du Losange (Francia), Lise Zipci, Emilie Lacourt, Les Films D´Ici (Francia), Catherine Roux.
------------------------
Mércores 04
18.00 h.
Avi Mograbi
DEPORTACIÓN
Avi Mograbi, 1989
12´. Vídeo. Subtítulos en galego.

Avi Mograbi
A RECONSTRUCIÓN
Avi Mograbi, 1994
60´. Vídeo. Subtítulos en galego.

20.30 h.
Avi Mograbi
COMO APRENDÍN A VENCER O MEDO E A AMAR A ARIEL SHARON
Avi Mograbi, 1997
61´. Vídeo. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.

Mércores 11 20.30 h.
Avi Mograbi
ALIVIO
Avi Mograbi, 1999
5´. Vídeo / Cine / Vídeo. Subtítulos en galego.

Avi Mograbi
FELIZ ANIVERSARIO, SR. MOGRABI
Avi Mograbi, 2000
77´. Vídeo / Cine / Vídeo. Subtítulos en galego.

Avi Mograbi
DETRÁS
Avi Mograbi, 2000
2000´. Vídeo / Cine / Vídeo. Subtítulos en galego.

Martes 17 20.30 h.
Avi Mograbi
AGOSTO: ANTES DA EXPLOSIÓN (2002)
Avi Mograbi, 2002
72´. Subtítulos en galego.

Xoves 19 20.30 h.
Avi Mograbi
VINGANZA POR UN DOS MEUS DOUS OLLOS
Avi Mograbi, 2005
100´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.

Avi Mograbi
ESPERA, SON OS SOLDADOS, TEÑO QUE COLGAR
Avi Mograbi, 2002
13´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.

Sem comentários: